11 marzo 2010

3º de ESO: Exames da semana que vén

Aquí estou de novo despois de moitos días de ausencia. Xa sabedes que esta semana estiven de baixa pero o luns estarei de novo polo instituto. Quería lembrarvos as datas dos exames de electricidade de 3º:
  • 3ºBC: luns día 15 de Marzo na aula de 3ºB
  • 3ºA: martes día 16 de Marzo na aula de 3ºA
Lémbrovos tamén que os exercicios de resolución de circuítos e cálculo de potencia e enerxía serán semellantes aos dos boletíns e que da parte de instalacións eléctricas en vivendas preguntarei basicamente teoría. Repasade todo o que fixemos en clase e o material da unidade (presentacións, boletíns,...) e se tedes dúbidas, consultade con Mónica (a miña substituta), buscádeme o luns ou enviádeme un correo nestes días.

Ah, traede calculadora para o exame!

No hay comentarios: