30 noviembre 2006

3º PDC: Formulación de Química Inorgánica

instrumental de quimica
Imos practicar formulación inorgánica:

4º de ESO: Material para descargar

sinal triangular con exclamacion dentro
Na zona de descargas de documentos tedes:
  • - Boletín 3 de Electrónica Dixital
  • - Boletín 4 de Electrónica Dixital
  • - Boletín 5 de Electrónica Dixital
  • - Práctica 4: Identificación de portas lóxicas

27 noviembre 2006

¿Coñecedes o Desafío do Clube?

interroganteÉ o concurso que organiza semanalmente o Clube de Informática. Entrade no blog do Clube

http://clubedeinformatica.blogspot.com

e animádevos a participar!!!

20 noviembre 2006

Visita á Refinería Repsol YPF

vista da refineria de noite

Logo de ter visto a diario a refinería de Meicende dende fóra, mañán imos vela dende dentro.

Os alumnos de Tecnoloxía de 4º de ESO visitan mañán Repsol YPF.

15 noviembre 2006

2º ESO: Documentación do proxecto

monigote traballando no deseño dun aeroxenerador

Collede a seguinte documentación da zona de descargas:

  • aeroxenerador.odt: necesidade, descrición e análise do problema e procura de información
  • anteproxecto e fase técnica.odt: anteproxecto, construcción e avaliación
  • aeroxenerador.odg: modelo de aeroxenerador
  • despece.odg: despece a escala natural do aeroxenerador
  • reparto tarefas.odt: táboa para cubrir

Preguntádeme se tedes dúbidas!!!

2º ESO: Traballo sobre a historia da electricidade

esquema da pila de volta

Baixade o documento traballo electricidade na zona de descargas.

Tedes de prazo ate o martes día 28 de Novembro para descubrir que é esta imaxe e aprender algunha cousa máis acerca da historia da electricidade.

Soamente tedes que seguir as instruccións.

10 noviembre 2006

Exame de 4º

mans aplaudindo
Noraboa aos alumnos de 4º porque os resultados do exame foron estupendos!!! Incluso hai un 10...

01 noviembre 2006

3º PDC: Ámbito Científico Tecnolóxico

Póñovos unha pequena lista de enlaces que podedes consultar para o traballo de modelos atómicos:

Enlaces modelos atómicos