23 mayo 2006

Astronomía

Nesta páxina atoparedes fotos impresionantes e tamén a forma na que foron feitas, pois son todas elas "caseiras".

Se contades cunha cámara dixital, uns prismáticos e algo de práctica, ao mellor as seguintes fotos de Astronomía que colgamos son vosas!

Nota importante: lembrade que en ningún caso debedes mirar ao Sol directamente ou a través duns prismáticos, telescopio,... Causa danos de visión irreversibles.

04 mayo 2006

Visita a Sotavento II

Nesta dirección podedes ver a foto que vos sacaron os monitores de Sotavento durante a nosa visita de hoxe (clases de 3º C e 3º D).

02 mayo 2006

Visita a Sotavento

logo de sotavento

O xoves e o venres desta semana, imos de visita a Sotavento cos alumnos de 3º de ESO. Se queredes ir botando un ollo a todo o que alí veremos, aquí tedes un enlace á páxina deste parque eólico:

http://www.sotaventogalicia.com/galego/index.php

Aconséllovos que levedes calzado cómodo e tamén unha prenda de abrigo, pois é moi posible que realicemos actividades tamén no exterior.