30 mayo 2010
15 abril 2010
Vibrobots de 3ºBC
E un par de vídeos dos vibrobots de 3ºBC...
Etiquetas
Ecotecnoloxía,
Galería de proxectos,
Vídeos
07 abril 2010
Vibrobots de 3ºA
3ºA grupo verde
3ºA grupo azul
3ºA grupo amarelo
Etiquetas
Ecotecnoloxía,
Galería de proxectos,
Vídeos
16 diciembre 2009
2º ESO: Fotos dos proxectos
Etiquetas
Galería de proxectos
26 noviembre 2009
Primeiras fotos dos proxectos de 3º
Etiquetas
Galería de proxectos,
Pastoriza
01 noviembre 2009
2º ESO: Lámpadas de incandescencia
Etiquetas
Galería de proxectos,
Pastoriza,
Vídeos
25 junio 2009
E por fin as fotos da exposición!!!
- Na categoría de 2º de ESO os gañadores foron Daniel, Samuel e Javier de 2ºA co seu detector de metais (proxecto número 6).
- Na categoría de 3º de ESO os gañadores foron Carlos, Bruno e Tania de 3ºC co seu pegatortas (proxecto número 2).
- Na categoría de 4º de ESO os gañadores foron Javier, Diego, Lorena, Celeste, Aitor e Jose de 4ºB co seu garaxe de apertura controlada por ordenador (proxecto número 4).
Etiquetas
Galería de proxectos,
Novas,
Pastoriza
18 junio 2009
4º ESO: Vídeos dos proxectos
Estou moi contenta co traballo que fixestes. Parabéns a tod@s!!!
Etiquetas
Galería de proxectos,
Vídeos
02 abril 2009
4º ESO: Primeiras fotos dos proxectos!!!!!!
- O equipo formado por Adrián, Ismael, Sandra, Raquel, Héctor e Álvaro decidiu construír un autobús. O deseño incorpora dous motores, dous intermitentes, dúas luces de posición e dúas luces de freo. O programa realizado en MSWLogo permite activar e desactivar os motores de forma independente, de maneira que o autobús pode avanzar e xirar a esquerda e dereita, poñendo en funcionamento o intermitente que corresponda. Cando o autobús está parado, as luces de freo acéndense e en calquer momento podemos acender ou apagar as luces de posición. O equipo de conexión rematou onte o circuíto dos motores e fixeron con éxito a primeira proba de control dos dispositivos. Aquí tedes unhas fotos deste proxecto:
- O equipo formado por Celeste, Lorena, Aitor, Javier, Diego e Jose decidiu construír un garaxe que funciona do seguinte xeito: unha porta de infravermellos activa a apertura da porta do garaxe á vez que acende a luz do interior. Logo de abrirse totalmente, a porta permanece nesta posición un tempo e inicia de forma automática o movemento para pecharse. Cando está totalmente pechada, a luz do interior apágase. A idea orixinal deste proxecto provén da interesantísima páxina tecnologiafacil.net, se ben fixeron algunha modificación sobre o deseño orixinal e realizaron o seu propio código para o control dos dispositivos. Polo momento están tendo algún problema (non teño ningunha dúbida de que será por pouco tempo) coa montaxe do circuíto, que incorpora un relé para a inversión de xiro do motor e outro actuando como interruptor xeral. Como a intensidade proporcionada polas saídas do porto paralelo non é suficiente para alimentar aos relés, cada un deles precisa dunha etapa de amplificación con transistor e isto está traendo de cabeza ao equipo de conexión :-) O equipo de programación xa rematou o código para o control da porta e da luz e axiña comezará co procedemento para ler o receptor de infravermellos. Velaí van unhas fotos deste complicado proxecto:
Etiquetas
Galería de proxectos,
Novas
04 diciembre 2008
2º ESO: Fotos do proxecto
Etiquetas
Galería de proxectos
24 octubre 2008
Construímos unha lámpada de incandescencia!!!
Todos os alumnos de 2º de ESO construíron a súa propia lámpada de incandescencia empregando un fío de nicromo como filamento. A do vídeo ten o seu dono en 2º B. Funciona ben, verdade?
Etiquetas
Galería de proxectos,
Recursos,
Vídeos
03 febrero 2008
Aviso: Galería de proxectos
Etiquetas
Avisos,
Galería de proxectos
19 junio 2007
Fotos da II Exposición-Concurso. E o gañador é...
Hoxe celebramos a II Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza.
Antes de nada, e en nome de todos os profesores do departamento, gustaríame darvos as gracias a todos os alumnos pola vosa participación: gracias polo voso traballo, paciencia explicando os proxectos ao longo de 4 horas, esforzo para montar, atender e recoller a exposición (mención especial para Gonzalo, Borja, Adrián, Felipe, Rubén, Gabriela, Alejandro, Cristina, Iago, Raúl, Jorge,...) e interese por coñecer o traballo dos compañeiros.
E agora os gañadores da vosa votación:
- Gañador de 1º Ciclo: Cartel luminoso 1 (Andrea, Tania, Paula, Leticia de 2º D)
- Gañador de 2º Ciclo: Ponte controlada por ordenador (David, Rubén, Gabriela, Leticia, Borja, Raúl, Adrián de 4º A)
Etiquetas
Galería de proxectos,
Pastoriza
28 febrero 2007
Fotos dos proxectos de 4ºA
Este curso, os alumnos de 4º A están desenvolvendo os seguintes proxectos:
- Ponte levadiza accionada por motor
- Faro no que o sistema de iluminación está constituído por un conxunto de LEDs
- Xogo de mesa que funciona con dado electrónico
En todos os casos os dispositivos están controlados por ordenador a través de programas elaborados polos propios alumnos, que tamén realizaron o deseño e construcción de todos os elementos da maqueta e as conexións dos diferentes dispositivos.
Os proxectos aínda non están rematados pero paga a pena ver un adianto. Noraboa polo traballo!!!
Ponte levadiza accionada por motor


Faro con LEDs
Xogo de mesa con dado electrónico
Etiquetas
Galería de proxectos
21 junio 2006
12 junio 2006
09 junio 2006
Galería de proxectos
Nos próximos días colgarei fotos de todos os grupos como anticipo á exposición do día 21 de Xuño.
Etiquetas
Galería de proxectos















































