18 diciembre 2009

Boas festas para todos


A falta de dous días de clase para collermos as vacacións, gustaríame desexarvos a todos unhas moi boas festas. Vémonos en 2010!!!

16 diciembre 2009

3º ESO: Fotos dos proxectos

Cos proxectos de 3º o tempo quedou moi, moi xusto e de feito non todos quedaron rematados, pero aí van algunhas fotos:


2º ESO: Fotos dos proxectos

Un par de fotos dos detectores de metais construídos polos alumnos de 2º C e D que traballan no taller 1. Todos eles funcionan correctamente e agora soamente queda dar os últimos retoques e gardalos para a exposición-concurso que faremos no mes de Xuño.


15 diciembre 2009

AVISO IMPORTANTE

Mañán día 16 de Decembro suspéndense as clases en todos os centros educativos de Galicia. Podedes ver o anuncio completo na páxina da Xunta.

14 diciembre 2009

3º ESO: Proxecto do pinball

Os alumnos de 3ºBC tiveron hoxe a última clase de taller antes da avaliación dos proxectos e houbo un grupo que rematou totalmente o seu pinball. É unha pena non contar cun par de días máis para poder facer os axustes que son sempre necesarios para que todo funcione correctamente, e xa postos a pedir, poder coidar da estética, que tamén é importante.

Nos próximos días sacarei fotos de todos os proxectos e as colgarei para que podades amosar o voso traballo fóra do instituto. Por certo, xa están todos puntuados e en xeral, ben :-) As notas da avaliación terédelas o xoves.

04 diciembre 2009

Almanaque de Advento

advento

O Equipo de Normalización Lingüística e o departamento de Plástica están dirixindo a construción dun almanaque de Advento na entrada do instituto. Se queredes engadirlle o voso adorno, podedes entregarllo a Montse ou a María José, profesoras responsables desta iniciativa. Lembrade que non tedes que incluír o número de día no adorno, xa que se poñerá posteriormente.

Gracias a tod@s por participar e a Montse e María José por traernos os primeiros aires do Nadal!

3º ESO: Aviso

Todavía hai alumnos que non entregaron o boletín de mecanismos e xa sabedes que hoxe é a data límite. As dúas últimas horas da mañán estarei na aula de 3º de PDC, situada no 2º andar. Tamén podedes pasarvos pola sá de profesores e entregalo para que mo deixen no meu casilleiro. Gracias!

03 diciembre 2009

Para pasar o tempo

Xa sei que este ano teño totalmente aparcada a sección da aplicación da semana, pero é que o tempo non dá para máis. Así que para compensar un pouco, vouvos facer tres recomendacións para que vos relaxedes entre exame e exame:
  • Unha aplicación para crear online fondos de escritorio: x3studios
  • Unha aplicación para recortar vídeos de YouTube: TubeChop
  • Unha páxina de xogos: physicsgames
Sorte cos últimos exames desta avaliación, e ánimo, que non queda nada para as vacacións!!!

01 diciembre 2009

O taller abre nos recreos

Quedan poucos días para a avaliación e quero darvos a oportunidade de adiantar os proxectos durante os recreos. Esta semana abrirei o taller 1 nos seguintes recreos:
  • Xoves: 1º recreo
  • Venres: 1º recreo
Como sabedes, a asistencia é voluntaria e non a terei en conta na nota. Cada grupo deberá valorar se as sesións que quedan antes da avaliación son suficientes para rematar o proxecto ou se pola contra considerades que necesitades vir nalgún recreo para adiantar traballo. É necesario que polo menos a metade do grupo asista para poder traballar no proxecto.
Tamén abrirei o taller algún recreo durante a semana que vén.
Este aviso é válido para os meus alumnos, tanto de 2º coma de 3º.