27 julio 2008

Fontes gratis

diferentes tipos de letra

Hai ocasións nas que buscamos un tipo de letra especial e diferente para a realización dalgún traballo. A través de what's new souben desta páxina onde atoparedes case 9000 fontes para descargar. Podedes escribir o texto que desexedes para comprobar como queda antes de realizar a descarga.

Como se instalan? Unha vez escollida a fonte, facede clic en download e descargade o arquivo correspondente, que probablemente terá a extensión .zip
Pasade o antivirus polo arquivo e descomprimide usando por exemplo o IZArc. Buscade a continuación o arquivo coa extensión .TTF e copiádeo. Soamente falta pegalo en c:\WINDOWS\Fonts
A seguinte vez que abrades o OpenOffice, teredes dispoñible a fonte que acabades de instalar.

23 julio 2008

Construíndo pontes

ponte realizada co bbg

A través de tecnotic chéganos unha aplicación moi divertida para xogar coas estruturas. Bridge building Game é un xogo no que teremos que construír unha ponte que se axuste aos requisitos de partida que nos den tales como puntos de anclaxe ou presuposto, e soporte o peso do tren que circulará por ela. Fixádevos nas diferentes cores que presentan las barras da estrutura, reflicten a tensión que soporta cada unha delas.
Queda incluída na zona de descargas de software!!!