Mostrando entradas con la etiqueta Utilidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Utilidades. Mostrar todas las entradas

07 mayo 2010

Wiki pechada á edición

candadoAcabo de bloquear as páxinas da wiki para a súa avaliación. Podedes acceder á vosa conta e facer uso das utilidades como a mensaxería, pero non editar.
Boa fin de semana!!!

29 abril 2010

Que tal te manexas co html?

ckeditor

Agora con aplicacións como CKEditor xa non é necesario pelexarse co html. Emprega o seu completísimo editor de texto para crear por exemplo un post, fai clic sobre o botón Código Fonte e listo para copiar e pegar! Ten unha versión para descargar pero tamén pode usarse online. Utilísimo para facer composicións complicadas que requiren un tedioso traballo en html.

03 diciembre 2009

Para pasar o tempo

Xa sei que este ano teño totalmente aparcada a sección da aplicación da semana, pero é que o tempo non dá para máis. Así que para compensar un pouco, vouvos facer tres recomendacións para que vos relaxedes entre exame e exame:
  • Unha aplicación para crear online fondos de escritorio: x3studios
  • Unha aplicación para recortar vídeos de YouTube: TubeChop
  • Unha páxina de xogos: physicsgames
Sorte cos últimos exames desta avaliación, e ánimo, que non queda nada para as vacacións!!!

24 mayo 2009

Aplicación da semana: FeedJournal

Hoxe coñecín FeedJournal a través de What'sNew. Trátase dunha aplicación online que permite xerar un xornal en pdf a partir dos feeds das páxinas que escollades (seleccionando cada entrada individualmente). Os que tedes un blog podedes empregalo para enviar periodicamente un boletín aos vosos subscritores.

10 mayo 2009

Aplicación da semana: WallWisher


A través de what's new chéganos WallWisher, unha aplicación coa que poderedes crear un espacio onde os vosos amigos, e en xeral calquer persoa que coñeza a URL, poderán deixarvos notas, imaxes, clips de audio ou vídeos.

Queredes probar o meu?

19 abril 2009

Aplicación da semana: Caleidoscopio

caleidoscopio

Probade este curioso caleidoscopio que nos vén recomendado desde a páxina what's new.

29 marzo 2009

Aplicación da semana: Down for everyone or just me?

interrogante

Estamos cargando unha páxina e non vai. Tentámolo de novo, e de novo problemas. Serei eu ou estará caída para todo o mundo???
Teclea a URL en Down for everyone or just me? e terás a resposta.

22 marzo 2009

Aplicación da semana: html->pdf Converter

html-pdf

A recomendación desta semana é unha aplicación online que permite converter unha páxina web nun documento pdf. Con html->pdf converter (vía what's new) soamente teredes que pegar a URL e premer no botón Make PDF. Cando esté listo poderemos abrir ou gardar o documento resultante.

06 marzo 2009

Aplicación da semana: Screedbot


Tecleade un texto, escollede tamaño e cores e gardade o gif no voso ordenador. Así de fácil!!! Queredes probar screedbot?

01 marzo 2009

Aplicación da semana: Peggy Planner

sorriso

Queredes crear paneis luminosos a base de LEDs??? A través de tecnotic.com chéganos Peggy Planner. Podería dicirse que é a versión actualizada daquel xogo de chinchetas que tiñamos os de trinta e tantos cando eramos pequenos :-)

16 febrero 2009

Deletreando con imaxes de Flickr


Souben desta divertida aplicación a través de tecnoloxia.org, un blog de obrigada lectura para todos os que disfrutamos coa tecnoloxía. Spell with Flickr permite escribir palabras empregando imaxes de Flickr. É moi fácil de manexar e as letras poden cambiarse individualmente unha vez xerado o texto.

14 febrero 2009

Aplicación da semana: Wordle

wordle wordle


A aplicación Wordle permite xerar nubes de palabras a partir dun texto introducido, unha páxina web ou etiquetas de del.icio.us. Os resultados son sorprendentes. Nas imaxes podedes ver dous exemplos para o o Blog de Tecnoloxía neste momento.

12 febrero 2009

4º ESO: Binary Game

binary game

Buscando un xogo que permitira practicar o paso binario<->decimal atopei unha referencia en tecnotic con moi boa pinta. Binary Game é unha especie de tetris no que podedes eliminar filas dando coa combinación de 1s e 0s axeitada. Botádelle un ollo e me contades!

08 febrero 2009

Aplicación da semana: Bus Slogan Generator

bus slogan generator

A través de The Generator Blog cheguei a esta aplicación que permite colocar a mensaxe que queirades no lateral dun bus para a continuación descargar a imaxe. Aproveito para lembrarvos que sempre que descarguedes algo tedes que pasarlle o antivirus antes de abrir!!!

24 enero 2009

Aplicación da semana: Garfield's Comic Creator

Queredes facer banda deseñada de Garfield??? Con Garfield's Comic Creator é ben fácil! Enviádeme os vosos deseños se vos apetece!!!

18 enero 2009

Aplicación da semana: 1link.in

1link.inImaxinade que queredes enviarlle a alguén unha lista de ligazóns a vídeos de YouTube ou correspondentes a unha serie de páxinas interesantes. Normalmente escribimos as URLs unha debaixo de outra pero agora temos 1link.in, unha aplicación online que nos chega a través de what's new.

Tecleade as direccións, facede clic no botón 1link e xa teredes a vosa colección de ligazóns agrupadas nunha soa. Unha mostra :-)

Ah, ademais se facedes clic no botón open, abriredes cada unha das páxinas nunha pestana do voso navegador.

14 diciembre 2008

Aplicación da semana: CardFunk

E chegamos á última aplicación da semana deste ano e como non, tiña que ser algo relacionado con estas datas :-)

Fabricade unha felicitación de Nadal personalizada poñéndolle a cara aos bailaríns con CardFunk. Moi boas festas a tod@s e un feliz 2009 desde o Blog de Tecnoloxía!!!!!!

07 diciembre 2008

Aplicación da semana: Auditorium


A semana pasada atopei en what's new un xogo de luz e música chamado Auditorium. O autor deste blog referíase a esta aplicación como unha das experiencias máis relaxantes que tivera en moito tempo e teño que dicir que concordo con el :-)

En Auditorium teredes que dirixir os feixes de luz para que activen os centros responsables de emitir música. Para comezar, teredes que facer clic na pantalla principal. Disfrutádeo!!!

30 noviembre 2008

Aplicación da semana: YouConvertit

youconvertit logo

Son moitas as ocasións nas que temos un arquivo nun determinado formato e necesitamos cambialo. A través de what's new chéganos esta aplicación online tan completa. Con YouConvertit poderemos:
  • Cambiar o formato dun arquivo e recibir na dirección de correo que indiquemos unha ligazón para descargar o mesmo arquivo co novo formato
  • Realizar a conversión online para vídeos dos que coñezamos a URL ou descargalos directamente
  • Enviar arquivos de ate 1 GB por correo electrónico ao destinatario que escollamos. Esta opción é moi útil cando se trata de arquivos pesados que poderían saturar o buzón de quen os recibe. YouConvertit almacena o noso envío nunha ligazón que é o que recibe o destinatario
  • Realizar cambios de unidades
Ollo, non esquezades pasar o antivirus logo de facer a descarga!!!

16 noviembre 2008

Aplicación da semana: piZap

parafuso que falaA través de what's new chéganos piZap, unha aplicación online que nos permitirá engadir todo tipo de efectos a unha imaxe para a continuación descargala ou enviala como postal.
Non é necesario rexistrarse e dispón dunha limitada pero interesante galería de efectos tales como bocadillos con texto, pegatinas, caras e incluso un pincel para pintar a man o que desexemos engadir. Facede as vosas composicións e animádevos a enviarme algunha!!!