29 febrero 2008

O importante é falar

logo de talck


Vía What's New chéganos unha aplicación para crear un chat en cuestión de segundos. Con Talck non tes que rexistrarte, soamente teclear un nome para o teu chat e xa estará dispoñible para ser utilizado. Facilítalle a dirección aos teus amigos e xa teredes un espacio para falar. Como exemplo podedes probar a entrar en

http://tecno.talck.com/

21 febrero 2008

Tecnoloxía + reciclaxe

mobil nokia fetio con material de refugallo

O teléfono da imaxe acaba de ser presentado na Mobile World Congress e a súa importancia radica en que está construído maiormente con materiais de refugallo: a carcasa de aluminio procede de latas de refresco, as teclas están fabricadas con pneumáticos de coche e moitos dos elementos de plástico que presenta proveñen de botellas.


Aínda non se comercializa, pero ademais de ser unha interesante declaración de intencións é unha proba de que é posible lanzar un producto competitivo e respectuoso co medio ambiente. Podedes presumir de que nós levamos anos facendo isto no taller de Tecno :-)


Vía ecomicrosiervos

20 febrero 2008

Detector de redes wifi


camiseta con detector de redes wifiOs sempre ocurrentes autores do blog No puedo creer que lo hayan inventado achégannos unha camiseta do máis geek. Este deseño presenta un logo que se ilumina cando detecta redes wifi. Para ir pola vida sabendo onde hai cobertura! :-)

15 febrero 2008

Oculta mensaxes en imaxes

logo de cryptimg Vía a sempre interesante What's New chéganos Cryptimg, unha aplicación que permite ocultar mensaxes nunha imaxe. Seleccionade a imaxe, asignade un contrasinal e escribide a mensaxe que queredes ocultar. Premendo no botón Codificar, xérase unha imaxe idéntica en apariencia á orixinal pero contendo a información segreda. Xa está lista para ser enviada ao seu destinatario a través do correo electrónico, por exemplo (asegurádevos de que a persoa que recibe a imaxe coñece o contrasinal).

O receptor da imaxe terá que gardala, subila na páxina de Cryptimg, teclear o contrasinal, darlle ao botón Descodificar e no cadro de texto aparecerá a mensaxe oculta.

Probade con esta imaxe e o contrasinal tecno, a ver que vos sae...

mans suxeitando unha bombilla
Que agardades para probar???

11 febrero 2008

Efecto óptico

manchas de cores e punto negro sobre fondo gris

A través do coñecidísimo blog ALT1040 nos chega este efecto óptico que vos deixará coa boca aberta. Mirade fixamente ao punto negro que aparece no centro da imaxe e aos poucos segundos veredes como as cores... desaparecen!!! Probádeo!!!

04 febrero 2008

Comiqs: Comics online a partir das túas fotos

comiqs en 3 pasos


De novo a través de What's New chéganos unha interesante proposta. Comiqs é unha aplicación para crear comics a partir de fotos, podendo distribuír as imaxes ao noso gusto e engadir textos e títulos. As fotos poden subirse dende o disco duro ou dende a túa conta de Flickr. Os autores elaboraron un vídeo con instrucións para que ninguén se perda :-)

03 febrero 2008

Aviso: Galería de proxectos




Acabo de colgar de novo as fotos da exposición-concurso de proxectos de tecnoloxía que realizamos a finais do curso 2006-07, pois non era posible acceder a elas.

01 febrero 2008

Enerxías renovables

logo de La generacion del sol
La generación del sol é unha páxina que contén moitísima información acerca das enerxías renovables en xeral e da enerxía solar en particular.

Na sección La escuela del sol e en particular no apartado de Aplicaciones prácticas encontraredes as instrucións necesarias para construír, por exemplo, un reloxo solar.


Fonte: What's New

Contaminación lumínica

foto da contaminacion luminica en Tenerife

A contaminación lumínica é sempre a grande esquecida cando se fala de impacto medioambiental, sen reparar no despilfarro enerxético que supón ou en como reduce de forma considerable a visibilidade do ceo nocturno.

Na defensa da calidade do ceo nocturno como dereito científico, cultural e medioambiental da Humanidade existen iniciativas a nivel internacional como Star Light.

Sabedes que é posible determinar o nivel de contaminación lumínica da vosa cidade simplemente contando estrelas? Visitade a páxina de Great World Wide Star Count e participade na convocatoria que se celebrará no Outono do presente ano.



A imaxe é unha fotografía tomada en Tenerife que nos presenta o blog sobre ecoloxía e medioambiente

logo de ecomicrosiervos