25 julio 2007

Xogos de verán: Paint Ball

captura do xogo paint ball

Serás capaz de levar a bola ate o cadrado vermello??? Debuxa co rato as liñas que necesites para facer rebotar a bola axeitadamente. Pulsa Go a continuación para comprobar se funciona e se queres borrar as liñas pintadas, pulsa Clear.
Proba o Paint Ball!!!

16 julio 2007

E por fin...

fogos artificiais

O blog vai tomando forma e as zonas de descarga e os enlaces están de novo operativos. Como primeiras novidades incorporei unha serie de pestanas na cabeceira que nos permitirán acceder de forma rápida a sitios de interese.
Por se alguén ten curiosidade, esta é a plantilla orixinal que tomei como base para o meu blog :-)

10 julio 2007

En obras

obreiro da construcion con planos e lapis Estou facendo reformas no blog así que é posible que durante o verán as zonas de descarga e os enlaces non estén activos de forma permanente. Desculpade as molestias.

01 julio 2007

Exame de Setembro

monigote vestido con toga escribindo O exame de Tecnoloxía de Setembro será o día 4 ás 12:20 horas. Lembrade que non é obrigatorio entregar os traballos de recuperación pero si moi aconsellable, pois farán media coa nota do exame.