22 diciembre 2007

A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial

frontal de A auuga, aplicacions enerxeticas na Galicia preindustrial

Achégovos o enlace ao 1º premio na modalidade de materiais curriculares web no marco do concurso que anualmente convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Trátase dunha páxina na que se aborda o estudio da auga dende diferentes puntos de vista e se analiza o seu papel na Galicia preindustrial.
Cando rematedes a vosa visita a esta web poderedes comprobar os vosos coñecementos coas actividades que se propoñen.
Noraboa aos creadores deste recurso!!!

21 diciembre 2007

Vacacións!!!


bola de cristal con boneco de neve dentro
Que teñades unhas boas vacacións!!! Vémonos á volta.

18 diciembre 2007

Animoto

logo de animoto

Con esta aplicación poderedes crear vídeos a partir das imaxes e música que escollades (propias ou do arquivo de Animoto). A duración dos vídeos é soamente de 30 segundos, pois existe unha versión comercial da mesma aplicación que permite unha maior duración.
Un exemplo a partir de fotos dos proxectos da exposición do curso pasado:

17 diciembre 2007

Zona de descargas

chave inglesa

Como xa comentei, este curso estou de baixa por maternidade e imaxino que non colgarei moito material novo. De todas formas, irei poñendo todo o elaborado o curso anterior para que podades botar man del se é que vos parece interesante. Acabo de colgar un par de boletíns e o guión dunha práctica na zona de descargas.

Tecnoloxia.org

logo de tecnoloxia.org

Anímovos a visitar a páxina da profesora de Tecnoloxía María Loureiro. Nela atoparedes material de interese tanto para profes coma para alumnos.

08 diciembre 2007

"Electrónica" creativa

boneco feito con compoñentes electronicas

Xa vedes que hai quen toma ao pé da letra o de fabricar robots empregando a Electrónica :-)
Propóñovos un xogo: seriades capaces de recoñecer os compoñentes que integran esta pequena creación?

07 diciembre 2007

Eee PC de Asus

ultraportatil de Asus

Parece que o tan esperado portátil de Asus sae por fin ao mercado aínda que todavía se comercializa en poucos países (o noso non é un deles :-) e o seu precio é lixeiramente superior ao que inicialmente estaba previsto.
Estamos a falar dun ordenador de menos de 300 €, que funciona baixo Linux pero compatible con Windows XP, de peso inferior a 1 kg, con wifi, pantalla de 7'',... (facede clic aquí se queredes ver todas as especificacións)
É de esperar que a primeiros de ano saia un novo modelo con precio inferior aos 200 €. Estaremos atentos...

04 diciembre 2007

TypoGenerator

logo de typogenerator
TypoGenerator é unha aplicación que permite xerar composicións moi vistosas a partir do texto introducido polo usuario. O fondo presenta imaxes relacionadas co texto que o programa atopa con google e as cores e o tipo de letra selecciónanse ao azar.
Podedes manter uns elementos e variar outros, por exemplo, xerar unha nova composición variando soamente as cores.

Aquí tedes algúns exemplos:
texto a tecnoloxia na eso vermello texto a tecnoloxia con letras borrosas

texto tecno azul texto tecnoloxia con letras redondeadas