30 abril 2007

3º ESO: Ámbito Científico

monigote comendo

O mércores realizaremos unha actividade sobre dietas equilibradas na aula de informática. Déixovos o guión.

25 abril 2007

Máis efectos ópticos

discos con seccions pintadas a cores que producen efecto de xiro

Vedes esta imaxe en movemento???

23 abril 2007

2º ESO: Actividades da unidade 5

Na zona de descargas tedes actividades para repasar a teoría que entra no exame do xoves (tamén podedes collelas da aulateca). Non as fagades na casa, farémolas o martes na clase.

20 abril 2007

Efecto óptico

sistema de engrenaxes que parece xirar

Exame de pendentes

Os alumnos que teñan a Tecnoloxía de cursos anteriores pendente, poderán recuperala co exame que realizaremos o día 21 de Maio ás 9:30 h en Usos Múltiples.

Ao longo da semana que vén entregareivos os boletíns voluntarios de recuperación.

Para calquera dúbida podedes atoparme no taller 1 todos os mércores durante o primeiro recreo.

19 abril 2007

4º ESO: Cambio na data de exame

Cambiamos o exame de pneumática do mércores 25 para o xoves 26 de Abril.

18 abril 2007

¿Como crear unha miniweb de texto en segundos?

frontal da aplicacion xiclets


Con esta aplicación poderás crear miniwebs de texto en cuestión de segundos:

1. Dalle un nome á web

2. Introduce un contrasinal

3. Escolle unha cor

4. Introduce o texto

...e xa tes a túa web lista para ser visitada!!!

Aviso de exames

Nos próximos días teremos os seguintes exames:
  • 2º D: Exame de engrenaxes e mecanismos de transformación o xoves 26 de Abril
  • 3º E: Exame de xeometría o venres 20 de Abril
  • 4º A: Exame de pneumática o mércores 25 de Abril

10 abril 2007

2º ESO: Mecanismos de transformación

valvula dun motor de 4 tempos ¿Sabes como funciona un motor de catro tempos?