21 diciembre 2008

Premios a recursos educativos para a sociedade da información

Pensei que xa escribira o último post do 2008 pero a veces recibimos sorpresas inesperadas e a min chegoume unha en forma de correo electrónico :-)

O pasado venres día 19 recibín a nova de que ao Blog de Tecnoloxía lle fora concedido o terceiro premio na modalidade de Materiais Curriculares Web dentro da convocatoria dos Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información. Estou moi contenta e quería compartilo con tod@s vós.

Aínda a risco de parecer que me acaban de entregar un Oscar :-) vou aproveitar a ocasión para dar as gracias a todos os que ledes o Blog de Tecnoloxía pero en especial aos meus alumn@s. Vós sodes o motivo polo que comecei co blog aló no ano 2004. O meu agradecemento tamén aos compañeiros que fan do IES de Pastoriza un lugar tan especial, en particular ás miñas compañeiras de departamento, Ana e Elena, coas que disfruto tanto traballando e das que tanto aprendo. Por último quería agradecer ás persoas que me deron o empurrón que me faltaba para presentar o blog a esta convocatoria :-) Gracias a tod@s!!!!!!!!!!!!!!!

Remato facendo chegar os meus parabéns aos demais gañadores. Noraboa!!!!!!!!!

17 diciembre 2008

Boas vacacións para tod@s!!!

nadal

No ano 2009 seguiremos a voltas coa Tecnoloxía, as aplicacións da semana,... mentres tanto, que teñades unhas boas festas e que o pasedes ben nas vacacións. Bo Nadal!!!

Software para limpar a pantalla :-)

Tal e como me pediron en 2ºB, déixovos unha aplicación para limpar a pantalla do ordenador :-)

14 diciembre 2008

Aplicación da semana: CardFunk

E chegamos á última aplicación da semana deste ano e como non, tiña que ser algo relacionado con estas datas :-)

Fabricade unha felicitación de Nadal personalizada poñéndolle a cara aos bailaríns con CardFunk. Moi boas festas a tod@s e un feliz 2009 desde o Blog de Tecnoloxía!!!!!!

10 diciembre 2008

Declaración Universal dos Dereitos Humanos




A Declaración Universal dos Dereitos Humanos cumpre 60 anos.

08 diciembre 2008

Apertura do taller durantes os recreos esta semana


Mañán colgarei un igual na porta do taller 1. A ver se ao longo da semana podemos manter este horario.

07 diciembre 2008

Aplicación da semana: Auditorium


A semana pasada atopei en what's new un xogo de luz e música chamado Auditorium. O autor deste blog referíase a esta aplicación como unha das experiencias máis relaxantes que tivera en moito tempo e teño que dicir que concordo con el :-)

En Auditorium teredes que dirixir os feixes de luz para que activen os centros responsables de emitir música. Para comezar, teredes que facer clic na pantalla principal. Disfrutádeo!!!

04 diciembre 2008

2º ESO: Fotos do proxecto

Aquí tedes as primeiras fotos do proxecto de 2º de ESO. Trátase dun detector de metais deseñado para localizar moedas nunha praia.

Cristina e Sara de 2ºA realizando as conexións do circuíto eléctrico.


Natalia de 2ºB limando unha peza da estrutura.


O proxecto de Ayoub, Alexia e Luis de 2ºA practicamente rematado.


O detector de Manuel, Juan, Diego e Christian de 2ºB tamén funciona xa.

03 diciembre 2008

2º ESO: Proxecto

Andamos tan a cen para rematar o proxecto antes da avaliación que nin tempo teño de sacar fotos durante as sesións de taller :-)
Mañán xoves non poderei abrir o taller no primeiro recreo como estaba previsto, pero para compensar, terédelo aberto no segundo recreo.
A semana que vén tentarei abrir todos os días durante os dous recreos. Poñerei aviso na porta do taller 1. Xa sabedes que a asistencia é absolutamente voluntaria e non puntuable :-) A única recompensa é dispoñer de tempo para rematar os vosos proxectos.

02 diciembre 2008

2º ESO: Exame de Electricidade

A semana que vén teremos o exame de electricidade en 2º de ESO:
  • 2º A: venres 12 ás 13:35
  • 2º B: martes 9 ás 13:35
Estudiade moito. Mirade con calma a teoría e repasade os exercicios feitos en clase. Se tedes dúbidas buscádeme durante os recreos na sá de profesores ou no taller 1.