28 enero 2009

4º ESO: Informática

Acabo de colgar na sección 2ª AVALIACIÓN a primeira das prácticas que fixemos acerca da manipulación de imaxes en Writer.

26 enero 2009

Concurso de carteis

concurso carteis

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) convoca un ano máis un concurso (fai clic aquí para acceder ás bases) para designar o cartel anunciador das xornadas de tecnoloxía de Galicia.
  • Quen pode participar? Todos os alumnos de ESO e Bacharelato dos centros educativos de Galicia.
  • Cando remata o prazo de presentación? O prazo remata ás 22:00h do día 6 de febreiro de 2009.
  • Cal é o premio? Se o voso cartel resulta escollido recibiredes material electrónico/informático valorado en 150.-€.
Animádevos a participar!!!!!!!!!!!!

25 enero 2009

4º ESO: Prácticas con LEGO Mindstorms

lego

Xa tedes na sección 2ª AVALIACIÓN a práctica que fixemos o xoves pasado e tamén a que faremos mañán. Agárdavos unha pequena competición de robots...

24 enero 2009

Aplicación da semana: Garfield's Comic Creator

Queredes facer banda deseñada de Garfield??? Con Garfield's Comic Creator é ben fácil! Enviádeme os vosos deseños se vos apetece!!!

22 enero 2009

Aviso importante: Suspéndense as clases do venres

Acabo de recibir o aviso de que mañán venres día 23 de Xaneiro quedan suspendidas as clases por alerta de temporal. Boa fin de semana a tod@s e xa falaremos de como queda a data do exame de electricidade para 2º A.

21 enero 2009

2º ESO: Exame de electricidade

As datas para o exame de resolución de circuítos son:
  • 2º B: martes 3 de Febreiro
  • 2º A: venres 6 de Febreiro
Lembrade que é moi aconsellable traer calculadora ao exame e que non se pode empregar o móbil como calculadora. A semana que vén marcaremos recreos para dúbidas.

18 enero 2009

Aplicación da semana: 1link.in

1link.inImaxinade que queredes enviarlle a alguén unha lista de ligazóns a vídeos de YouTube ou correspondentes a unha serie de páxinas interesantes. Normalmente escribimos as URLs unha debaixo de outra pero agora temos 1link.in, unha aplicación online que nos chega a través de what's new.

Tecleade as direccións, facede clic no botón 1link e xa teredes a vosa colección de ligazóns agrupadas nunha soa. Unha mostra :-)

Ah, ademais se facedes clic no botón open, abriredes cada unha das páxinas nunha pestana do voso navegador.

17 enero 2009

4º ESO: Comezamos as prácticas cos LEGO

lego mindstomrs

Este ano realizaremos por primeira vez prácticas de robótica con equipos mindstorms de LEGO. Comezaremos a semana que vén e por iso xa deixei na sección 2ª AVALIACIÓN o guión da primeira práctica. Podedes ir botándolle un ollo!

14 enero 2009

4º ESO: Control e robótica

control e robotica

Comezamos a segunda avaliación e fixémolo coa unidade 3: Control e Robótica. Na sección 2ª AVALIACIÓN tedes a presentación correspondente en formato pdf. Aínda non está completa pero podedes ir descargando estas diapositivas e xa vos avisarei cando faga algunha actualización.

Este ano utilizaremos por primeira vez os LEGO Mindstorms pero iso será dentro dunha semana. A ver se colgamos entón un vídeo coa nosa experiencia!

11 enero 2009

Aplicación da semana: Keyboard Game

keyboard game

Queredes mellorar a vosa velocidade tecleando? En tecnotic nos propoñen Keyboard Game, un sinxelo xogo online no que teremos que premer a tecla que aparece recadrada en vermello para anotar un punto. Soamente teremos 30 segundos para demostrar o noso coñecemento do teclado e cada vez que nos equivoquemos, restaremos un punto do noso marcador.