30 octubre 2008

Compoñentes e funcionamento dun disco duro

disco duroNa blog de Ana Villar atoparedes dous vídeos que paga pena ver: o primeiro deles amosa o funcionamento dun disco duro e o segundo os seus compoñentes.

28 octubre 2008

Aforro enerxético

lampada

Semella como se ate as lámpadas quixeran aforrar enerxía :-)

27 octubre 2008

A revista do instituto: Acudide á cita!!!

maquina de escribir

O departamento de normalización lingüística ten unha proposta interesantísima para todos nós: editar unha revista no instituto! Seguro que moitos de vós gostariades de ser xornalistas, verdade? Algún día poderedes contar que as vosas primeiras fotos e os vosos primeiros textos foron publicados na revista do instituto :-)

A que agardades? Acudide á reunión que terá lugar na aula de 4ºA durante o segundo recreo do xoves día 30. E traede con vós as vosas ideas!!!!!

26 octubre 2008

Aplicación da semana: Multicolr

multicolr
Multicolr é unha aplicación online que traballa coa base de imaxes de Flickr. Trátase dun buscador de imaxes por cores no que o usuario pode seleccionar unha ou máis cores dunha paleta para obter sorprendentes resultados. Gracias a what's new por outra interesantísima proposta!

24 octubre 2008

Construímos unha lámpada de incandescencia!!!


Todos os alumnos de 2º de ESO construíron a súa propia lámpada de incandescencia empregando un fío de nicromo como filamento. A do vídeo ten o seu dono en 2º B. Funciona ben, verdade?

22 octubre 2008

Concurso do Samaín

concurso samain

Chega o Samaín e un ano máis teremos diferentes concursos no instituto en torno a esta festa:
  • Concurso de carteis
  • Concurso de contos de medo
  • Concurso de cabazas

As bases están colgadas en diferentes puntos do centro e en particular no corcho que tedes na entrada. O prazo de entrega de traballos remata o 29 de Outubro. Animádevos a participar!!!

21 octubre 2008

Control en 2ºA

ollos

Hoxe tivemos control da unidade 1 en 2º B e o venres día 24 de Outubro será o de 2º A. Se tedes dúbidas, podedes preguntarme nos recreos. Estudiade e repasade todo o que fixemos en clase.

As notas de 2º B, o próximo martes na hora de teoría.

18 octubre 2008

Aplicación da semana: ConvertMyTube

convertmytube

Cantas veces queremos facer uso dun vídeo de YouTube e nos vemos limitados pola velocidade da conexión da que dispoñemos! Agora con ConvertMyTube poderemos descargar o vídeo con opción de facelo en diferentes formatos, incluídos o 3gp para móbil e o mp3 para extraer só o audio. A páxina que nos informa desta aplicación é genbeta.

17 octubre 2008

Unha cama de cartón?

cama carton

A elección dos materiais é un aspecto importantísimo na fabricación dun obxecto pero un deseño adecuado pode resolver problemas asociados ás propiedades do material.
En no puedo creer preséntannos esta cama fabricada en cartón que conserva propiedades deste material como a lixeireza e que soporta o peso dunha persoa.

14 octubre 2008

Combinacións de teclas

ctrl

Seguro que hai carpetas que utilizades con frecuencia e que tedes que abrir a golpe de rato, minimizando en moitas ocasións todas as ventanas abertas para acceder ao Escritorio. Desde genbeta nos propoñen unha maneira alternativa a través de combinacións de teclas:
  1. Creade un acceso directo á carpeta e situádeo por exemplo no Escritorio
  2. A continuación facede clic dereito sobre el e seleccionade Propiedades
  3. Na caixa de Tecla de método abreviado escribide a tecla que servirá para abrir a vosa carpeta (por exemplo i se se trata da carpeta instituto)
  4. A partir de agora poderedes abrir a carpeta instituto facendo CTRL+ALT+i

Funciona tamén para accesos directos a arquivos.

12 octubre 2008

Informática: Ubuntu 8.04

ubuntu

Mañán comezaremos a traballar coa distribución Ubuntu na súa versión 8.04. Inicialmente farémolo empregando a opción live, que permite explorar este sistema operativo sin necesidade de realizar ningunha instalación no noso equipo.
Déixovos na zona CURSO 2008-09 o guión da práctica que faremos en clase e na zona de DESCARGAS DE SOFTWARE a ligazón á páxina de Ubuntu por se alguén quere descargarse a distribución. Se estades interesados, contactade comigo para que vos explique como gravar o CD.

Aplicación da semana: LightBOT


Play free games at WeGame.com

Comezamos unha semana máis e facémolo cunha recomendación. Trátase de LightBOT, un divertido xogo para iniciarnos na programación. Teredes que darlle instrucións precisas ao voso robot para que acenda todos os recadros azuis.
Esta aplicación chéganos recomendada a través das interesantísimas tecnoloxia.org e tecnoTIC.

09 octubre 2008

Issuu: Outra forma de publicar



Acabo de probar a aplicación issuu que permite crear este tipo de publicacións a partir dun documento pdf. Ten boa pinta, verdade?

Informática: Sistemas operativos

ubuntu

A presentación que estamos preparando para as clases sobre sistemas operativos todavía non está rematada, pero xa tedes na zona CURSO 2008-09 as diapositivas que vimos ate agora por se queredes descargalas nos vosos equipos. Avisarei cando haxa algunha actualización.

08 octubre 2008

Sistemas operativos

matrix

Na clase de Informática de 4º de ESO estamos estudiando os diferentes sistemas operativos e tamén como evolucionaron desde os primeiros de tipo textual (que levanten a man os que teñan traballado con MSDOS :-). Aquí tedes algunhas ligazóns de interese:

Gracias a Ana Villar por localizar a maioría destas ligazóns!

05 octubre 2008

Fotos Polaroid

foto polaroid do outono

Xa hai uns meses que o sitio what's new informaba acerca dunha aplicación para simular e enviar fotos Polaroid. Con PhotoNotes poderedes crear unha imaxe como a deste post sen máis que:
  • Subir unha imaxe
  • Escoller un modelo
  • Seleccionar unha fonte
  • Elexir unha cor
  • Teclear unha mensaxe de ate 50 caracteres para acompañar á imaxe

A continuación fai unha previsualización e se gostades dela, poderedes enviala á dirección de correo electrónico que indiquedes.

01 octubre 2008

O proceso tecnolóxico

En 2º de ESO estamos aprendendo como a tecnoloxía ofrece un obxecto tecnolóxico como resposta a un problema ou unha necesidade. Isto é posible gracias a un proceso tecnolóxico que se desenvolve en diferentes etapas.


No vídeo que tedes a continuación podedes ver o proceso de fabricación dunha táboa de snowboard.