28 febrero 2007

Fotos dos proxectos de 4ºA

Este curso, os alumnos de 4º A están desenvolvendo os seguintes proxectos:

  • Ponte levadiza accionada por motor
  • Faro no que o sistema de iluminación está constituído por un conxunto de LEDs
  • Xogo de mesa que funciona con dado electrónico

En todos os casos os dispositivos están controlados por ordenador a través de programas elaborados polos propios alumnos, que tamén realizaron o deseño e construcción de todos os elementos da maqueta e as conexións dos diferentes dispositivos.
Os proxectos aínda non están rematados pero paga a pena ver un adianto. Noraboa polo traballo!!!



Ponte levadiza accionada por motor

proceso de construcion da ponte levadiza01 proceso de construcion da ponte levadiza02
proceso de construcion da ponte levadiza03 proceso de construcion da ponte levadiza04


Faro con LEDs

proceso de construcion do faro01 proceso de construcion do faro02
proceso de construcion do faro03 proceso de construcion do faro04



Xogo de mesa con dado electrónico

proceso de construcion do xogo de mesa01 proceso de construcion do xogo de mesa02
proceso de construcion do xogo de mesa03 proceso de construcion do xogo de mesa04

26 febrero 2007

:-)

Tedes idea do que se ve colocando unha lupa sobre o cursor do rato???

http://www.1-click.jp/

23 febrero 2007

2º ESO: Apuntes da unidade 5

sistema de engrenaxesDéixovos uns apuntes da unidade 5: Mecanismos que podedes usar como material de consulta. Podedes descargalos da zona de descargas.

22 febrero 2007

2º ESO: Mecanismos

frontal da paxina mecanismosOutro enlace sobre mecanismos con contidos e actividades.

3º PDC: Os seres vivos

celula Mañán venres, día 23 de Febreiro, repasaremos biomoléculas, célula e tecidos con estas actividades.

11 febrero 2007

2º ESO: Mecanismos

frontal da paxina maquinas e mecanismos


O vindeiro martes dareivos as notas do último exame e comezaremos unha unidade nova. Trátase da unidade 5: Mecanismos, e por se tedes curiosidade e queredes ir mirando algo, déixovos un enlace a unha páxina moi boa que utilizaremos en clase (facede clic na foto ou aquí).

07 febrero 2007

2º ESO: Bote programado

Algúns enlaces acerca do bote programado:

02 febrero 2007

4º ESO: Resultado do exame

gorro de festa e globos O martes douvos as notas en clase pero podo adiantarvos que estades todos aprobados, que a nota máis baixa foi un 7,3 e que incluso dous de vós teñen un 10.

Que teñades unha boa fin de semana!!!