18 junio 2009

4º ESO: Vídeos dos proxectos



Os alumn@s de 4ºB remataron os seus proxectos xusto a tempo para a exposición que realizaremos o luns día 22 de Xuño. Neste primeiro vídeo podedes ver a apertura e peche da porta dun garaxe controlada a través do porto paralelo dun ordenador con programación en MSWLogo. Houbo algún que outro problema co complicado circuíto que tiveron que implementar e tamén co axuste do sistema de transmisión, pero nada que Aitor, Celeste, Lorena, Javier, Diego e Jose non puideran solucionar.




Agora tócalle o turno ao autobús cabledirixido que deseñaron e construíron Raquel, Álvaro, Héctor, Adrián e Sandra (peza imprescindible deste equipo de traballo :-) A través do porto paralelo do ordenador controlan o seu funcionamento de maneira que o autobús pode xirar a ambos lados activando o intermitente que corresponda, avanzar, activar a luz de freo e acender as luces de posición. A pesar de empregar un cable bastante longo, á vista do vídeo parece que non é suficiente. Agora teremos que aprender a conducilo! Non vos perdades o seu interior, coidado ate o último detalle.

Estou moi contenta co traballo que fixestes. Parabéns a tod@s!!!

No hay comentarios: