
Os proxectos de 2º de ESO comezan a coller forma (a ver se nos próximos días colgamos fotos do proceso de construción) e chegou o momento de comezar coa montaxe da estrutura. Como xa sabedes, para utilizar a pistola termoencoladora necesitaredes pasar un exame. A parte teórica consistirá nun test que xa está á vosa disposición na sección CURSO 2008-09 xunto cun pdf no que atoparedes a información para preparalo.
A partir de mañán tamén estará dispoñible na aulateca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario