Oculta mensaxes en imaxes
Vía a sempre interesante What's New chéganos Cryptimg, unha aplicación que permite ocultar mensaxes nunha imaxe. Seleccionade a imaxe, asignade un contrasinal e escribide a mensaxe que queredes ocultar. Premendo no botón Codificar, xérase unha imaxe idéntica en apariencia á orixinal pero contendo a información segreda. Xa está lista para ser enviada ao seu destinatario a través do correo electrónico, por exemplo (asegurádevos de que a persoa que recibe a imaxe coñece o contrasinal).
O receptor da imaxe terá que gardala, subila na páxina de Cryptimg, teclear o contrasinal, darlle ao botón Descodificar e no cadro de texto aparecerá a mensaxe oculta.
Probade con esta imaxe e o contrasinal tecno, a ver que vos sae...
Que agardades para probar???
No hay comentarios:
Publicar un comentario