19 febrero 2010

Exame de pendentes: OLLO!!!

importanteA hora indicada no post do 8 de Febreiro é incorrecta. O exame de pendentes terá lugar ás 10:45 horas (3ª hora) tal e como se indica nos calendarios que tedes nas aulas. Desculpade as molestias.

09 febrero 2010

3º ESO: Calendario

Na sección 2ª AVALIACIÓN está colgado o calendario de entrega dos diferentes boletíns, así como outras datas de interese para esta avaliación.

08 febrero 2010

Exame de pendentes

Para todos os que tedes que realizar o exame de pendentes de Tecnoloxía:
  • Día: 25 de Febreiro
  • Hora: 11:35 h
  • Lugar: sá de usos múltiples

01 febrero 2010

3º ESO: Código de cores

Algún grupo está a punto de realizar a primeira autoavaliación do tema de electricidade e para iso necesitará ter diante o código de cores das resistencias. Déixovos o cadro coas equivalencias.

19 enero 2010

Tecnoprofes



O domingo púxose en funcionamento a rede social Tecnoprofes destinada ao profesorado de tecnoloxía de ESO e bacharelato. Moitas grazas aos compañeiros que puxeron en marcha unha iniciativa tan interesante e tan necesaria. Se es profe de tecnoloxía, visita Tecnoprofes e únete!!!

17 enero 2010

Libros que levitan???


Un deseño interesante :-)
(vía microsiervos)

12 enero 2010

1, 2, 3, 4, 5...

coche

Que vos parece o despezamento do Hyundai Genesis 2010? O envío é de Suso, colaborador deste blog e para ver acceder á ligazón onde se publica esta foto e un post moi interesante, soamente tedes que facer clic nela.

08 enero 2010

3º ESO: Aviso importante

Agardo que todos vós pasarades unhas boas vacacións e veñades con moitas ganas de traballar :-)

Posteo este aviso para comentarvos que nesta avaliación traballaremos diariamente co portátil polo que é necesario que todos o traiades todos os días que teñamos clase de Tecno coas baterías cargadas. Vémonos o luns!

18 diciembre 2009

Boas festas para todos


A falta de dous días de clase para collermos as vacacións, gustaríame desexarvos a todos unhas moi boas festas. Vémonos en 2010!!!

16 diciembre 2009

3º ESO: Fotos dos proxectos

Cos proxectos de 3º o tempo quedou moi, moi xusto e de feito non todos quedaron rematados, pero aí van algunhas fotos: