26 agosto 2008

As tripas dos electrodomésticos

ferro de pasar desmontado

Microsiervos fainos saber dunha bonita iniciativa: unha colección de fotografías de pequenos electrodomésticos vistos como nunca... en pezas!!! Na imaxe tedes un ferro de pasar despezado e neste álbum de Flickr máis.

Simulador para electrónica dixital

circuito dixital
Unha vez máis chéganos unha interesantísima proposta a través de tecnotic. Trátase de Atanua, un simulador de circuítos dixitais moi completo e moi intuitivo que nos permitirá realizar prácticas de dixital a todos aqueles que non temos equipos no taller :-)

14 agosto 2008

Pizarra online

esquema realizado coa pizarra dixital

A través de Genbeta chéganos Dabbleboard, unha pizarra online colaborativa de fácil uso e con opcións tan interesantes coma a de identificación automática de figuras trazadas a man alzada.
Compartide as vosas pizarras e desfrutade desta aplicación!!!

27 julio 2008

Fontes gratis

diferentes tipos de letra

Hai ocasións nas que buscamos un tipo de letra especial e diferente para a realización dalgún traballo. A través de what's new souben desta páxina onde atoparedes case 9000 fontes para descargar. Podedes escribir o texto que desexedes para comprobar como queda antes de realizar a descarga.

Como se instalan? Unha vez escollida a fonte, facede clic en download e descargade o arquivo correspondente, que probablemente terá a extensión .zip
Pasade o antivirus polo arquivo e descomprimide usando por exemplo o IZArc. Buscade a continuación o arquivo coa extensión .TTF e copiádeo. Soamente falta pegalo en c:\WINDOWS\Fonts
A seguinte vez que abrades o OpenOffice, teredes dispoñible a fonte que acabades de instalar.

23 julio 2008

Construíndo pontes

ponte realizada co bbg

A través de tecnotic chéganos unha aplicación moi divertida para xogar coas estruturas. Bridge building Game é un xogo no que teremos que construír unha ponte que se axuste aos requisitos de partida que nos den tales como puntos de anclaxe ou presuposto, e soporte o peso do tren que circulará por ela. Fixádevos nas diferentes cores que presentan las barras da estrutura, reflicten a tensión que soporta cada unha delas.
Queda incluída na zona de descargas de software!!!

27 junio 2008

Boas vacacións

escribindo nunha pizarra Non me despido de vós porque seguirei publicando ao longo do verán, pero si quero desexarvos que pasedes unhas boas (e agardo que merecidas :-) vacacións.
Vémonos en Setembro!!!

19 junio 2008

A Lúa dende casa

foto dunha lua chea



Hai noites nas que a Lúa está especialmente fermosa e así a fotografamos o martes dende a miña casa.

13 junio 2008

Esquinas redondeadas

a mesma imaxe con esquinas rectas e redondeadas


A través de what's new chéganos unha aplicación que permite redondear as esquinas das imaxes. Con roundpic poderedes decidir que esquinas queredes redondear e con que curvatura, ademais de seleccionar unha cor para o fondo e tamén o tamaño da imaxe resultante.

09 junio 2008

Cambios na cabeceira

palabra tecnoloxia escrita con ferramentas
Xa hai tempo que estou a buscar, sen éxito polo de agora, unha fonte que escriba empregando ferramentas como caracteres. Seguindo o exemplo que atopei no blog teknokano, decidín buscar imaxes na rede para compoñer a palabra tecnoloxía e así mudar a cabeceira que daba inicio ao meu blog dende o verán pasado. A ver se vos gusta!!!

02 junio 2008

Extraer o audio dun vídeo de YouTube

frontal da aplicacion
Seguro que coñecedes algunha das numerosas aplicacións gratuítas que nos permiten extraer o audio dun vídeo (por exemplo de YouTube) en formato mp3. A través de What's New chéganos unha máis.