21 septiembre 2007

A enerxía e a súa transformación

mans suxeitando unha bombilla
Incorporo á zona de descargas de 2º e 3º de ESO unha presentación sobre a enerxía e a súa transformación. As imaxes das centrais foron tomadas do libro de 3º de ESO da serie Motor de Santillana.

19 septiembre 2007

Baixa de maternidade

chupete

Nos próximos meses estarei de baixa de maternidade e imaxino que publicarei con menos frecuencia, pero tentarei colgar cousas de vez en cando para todos os que disfrutamos coa Tecnoloxía.

Bo comezo de curso!!!

28 agosto 2007

A que velocidade baixas a información?

frontal da paxina test de velocidad


Cal é a velocidade da túa conexión? Neste enlace atoparás un test para coñecela:


http://www.testdevelocidad.es/

20 agosto 2007

E seguimos de cambios...

cadea rota

Nestes días estou mudando todos os arquivos a un servidor novo polo que é posible que algúns enlaces deixen de funcionar temporalmente. Tamén aproveitarei para engadir novos arquivos para descargar.
Desculpade as molestias!

10 agosto 2007

Divulgación: saberaldedillo.com

logo de saber al dedillo

Por que parpadean as estrelas? Como funcionan os CD reescribibles? Que é BitTorrent? As respostas a estas e outras preguntas na páxina


http://www.saberaldedillo.com/


07 agosto 2007

Divulgación: Un libro ameno e interesante

portada do libro Esta es mi gente O director dos Museos Científicos Coruñeses, Ramón Núñez Centella, lévanos de viaxe pola Historia para descubrir as ideas e anécdotas de 46 persoas relevantes no mundo da ciencia.

25 julio 2007

Xogos de verán: Paint Ball

captura do xogo paint ball

Serás capaz de levar a bola ate o cadrado vermello??? Debuxa co rato as liñas que necesites para facer rebotar a bola axeitadamente. Pulsa Go a continuación para comprobar se funciona e se queres borrar as liñas pintadas, pulsa Clear.
Proba o Paint Ball!!!

16 julio 2007

E por fin...

fogos artificiais

O blog vai tomando forma e as zonas de descarga e os enlaces están de novo operativos. Como primeiras novidades incorporei unha serie de pestanas na cabeceira que nos permitirán acceder de forma rápida a sitios de interese.
Por se alguén ten curiosidade, esta é a plantilla orixinal que tomei como base para o meu blog :-)

10 julio 2007

En obras

obreiro da construcion con planos e lapis Estou facendo reformas no blog así que é posible que durante o verán as zonas de descarga e os enlaces non estén activos de forma permanente. Desculpade as molestias.

01 julio 2007

Exame de Setembro

monigote vestido con toga escribindo O exame de Tecnoloxía de Setembro será o día 4 ás 12:20 horas. Lembrade que non é obrigatorio entregar os traballos de recuperación pero si moi aconsellable, pois farán media coa nota do exame.