01 noviembre 2009

2º ESO: Lámpadas de incandescencia

Este ano tamén fixemos a minipráctica de deseño e construción de lámpadas de incandescencia con filamentos de nicromo. Nesta ocasión apagamos todas as luces do taller para gravar os vídeos e o resultado foi impresionante, mesmo parece de Halloween :-)



(Tamén en youtube)

27 octubre 2009

3º ESO: Actualización do tema de mecanismos

Na sección 1ª AVALIACIÓN está colgada a actualización do tema de mecanismos xa rematado. Tamén aproveitei para correxir un erro que había na diapo 33 e que vos comentarei na clase o próximo día, polo que é moi importante que o descarguedes de novo. Desculpade as molestias!

15 octubre 2009

3º ESO: Aviso

Tedes que correxir a diapositiva 36 da presentación de mecanismos porque ten un erro nas relacións de transmisión. Facede clic sobre esta imaxe para ver a versión correcta ou descargade de novo o pdf da sección 1ª AVALIACIÓN (xa está actualizada):

diapositiva

06 octubre 2009

2º ESO: Presentación

A diferencia dos cursos pasados, este ano non teremos os desdobres que viñamos facendo en 2º de ESO, pero si unha hora semanal de apoio no taller. Na hora semanal de taller, cada 2º se dividirá en dous grupos e cada grupo terá clase coa mesma profesora durante todo o curso.
Esta semana teremos a primeira clase de taller e vos deixo na sección 1ª AVALIACIÓN a presentación que comentaremos nesta primeira sesión.

27 septiembre 2009

3º ESO: Mecanismos

Na sección 1ª AVALIACIÓN atoparedes a primeira entrega do tema de MECANISMOS en formato pdf. Avisarei de todas as actualizacións que fagamos do documento.
Aproveito tamén para recomendarvos unha serie de ligazóns que utilizaremos durante todo o tema:

Tamén podedes recoller este material na fotocopiadora do instituto.

23 septiembre 2009

3º ESO: Presentación do curso

A presentación do curso de 3º de ESO xa está colgada en formato pdf na sección 1ª AVALIACIÓN. Nos próximos días teredes tamén o tema de Mecanismos.

19 septiembre 2009

Reciclar unha guía telefónica

lapicero

Todos temos unha guía telefónica atrasada por casa, verdade? Pois agora podemos convertela nun organizador de lápices! Vede todos os detalles en ikkaro.

16 septiembre 2009

Comezamos o curso 2009-10

xa

Mañán comezamos o curso 2009-10. Vémonos por Pastoriza!!!

01 septiembre 2009

Resistencias variables

Algunha vez fixemos probas de conductividade coa mina dun lapis (incluso conseguimos poñela incandescente) pero en ikkaro nos propoñen unha alternativa interesante.

Exame de Setembro

telesketch