18 agosto 2006

"Redecorando" o blog

Non estades nunha páxina equivocada!!! Segue a ser o meu blog de tecnoloxía pero con novo aspecto para comezar o curso 2006-07.

28 junio 2006

Fotos no Centro Cívico

Se queredes ver as fotos de todas as actividades que fixemos ao longo da mañán que pasamos no Centro Cívico de Arteixo, facede clic aquí:

Fotos no Centro Cívico

Fotos de mbegonapc.

21 junio 2006

Galería de proxectos

Máis proxectos dos alumnos de 3º de ESO

detector de xeo aberto detector de xeo pechado
soldando compoñentes pintando o proxecto
montaxe do proxecto detector de xeo
detector de xeo pechado detector de xeo aberto
soldando compoñentes montando o proxecto
detector de xeo pechado detector de xeo aberto
detector de xeo integrado nun coche detector de xeo aberto

12 junio 2006

Galería de proxectos

Máis fotos da realización dos proxectos...

detector de xeo pechado

detector de xeo aberto

soldando compoñentes
pegando compoñentes
soldando compoñentes

montando o circuito na carcasa

09 junio 2006

Galería de proxectos

montando a carcasa do detector de xeo detector de xeo montado

deseñando o circuito


Fotos tomadas en 3º A durante unha sesión de taller. Están construíndo sensores de temperatura e de luz como proxecto de fin de curso. O deseño tanto da carcasa do dispositivo coma do circuíto é responsabilidade dos alumnos.

Nos próximos días colgarei fotos de todos os grupos como anticipo á exposición do día 21 de Xuño.

Exposición de proxectos

O día 21 de Xuño expoñeremos no Centro Cívico de Arteixo os proxectos de Tecnoloxía que realizastes ao longo deste curso. Felicitacións polo bo traballo!!!

07 junio 2006

Recuperación de 1º C

O luns día 12 de Xuño teremos o exame de recuperación en 1º C. A continuación tedes a relación de alumnos que se teñen que presentar:
  • Angélica: unidades 1 e 2
  • Noelia N.: unidades 4 e 5
  • Borja: unidades 1, 2, 3 e 4
  • Antonio: unidades 1, 2 e 4

Unidades

  • Unidade 1: Tecnoloxía e método de proxectos
  • Unidade 2: Estructuras
  • Unidade 3: Informática
  • Unidade 4: Materiais
  • Unidade 5: Electricidade

23 mayo 2006

Astronomía

Nesta páxina atoparedes fotos impresionantes e tamén a forma na que foron feitas, pois son todas elas "caseiras".

Se contades cunha cámara dixital, uns prismáticos e algo de práctica, ao mellor as seguintes fotos de Astronomía que colgamos son vosas!

Nota importante: lembrade que en ningún caso debedes mirar ao Sol directamente ou a través duns prismáticos, telescopio,... Causa danos de visión irreversibles.

04 mayo 2006

Visita a Sotavento II

Nesta dirección podedes ver a foto que vos sacaron os monitores de Sotavento durante a nosa visita de hoxe (clases de 3º C e 3º D).

02 mayo 2006

Visita a Sotavento

logo de sotavento

O xoves e o venres desta semana, imos de visita a Sotavento cos alumnos de 3º de ESO. Se queredes ir botando un ollo a todo o que alí veremos, aquí tedes un enlace á páxina deste parque eólico:

http://www.sotaventogalicia.com/galego/index.php

Aconséllovos que levedes calzado cómodo e tamén unha prenda de abrigo, pois é moi posible que realicemos actividades tamén no exterior.