ULPC: Un novo concepto

ULPC (ultra low-cost PC), minilaptop, subnotebook, ultraportátil, microportátil son algúns dos nomes cos que nos referimos a un novo tipo de ordenadores. Se todavía non existe unha denominación universalmente aceptada é porque este produto é de moi recente creación. Referímonos a equipos que teñen como características fundamentais un moi baixo precio e un moi pequeno tamaño. De forma máis detallada, falamos de portátiles coas seguintes características e prestacións:
- Pantalla en torno a 8'' (en calquer caso, menos de 12'')
- Peso arredor de 1 kg
- Conectividade WiFi
- Ausencia de disco duro con partes móbiles (normalmente presentan memoria flash, que consume menos enerxía e por tanto fai que a batería dure máis e resulta máis silenciosa pois non precisa ventilador)
- Sistema operativo Linux de serie aínda que normalmente soportan Windows (algúns destes equipos ofrecen a opción de compra con Windows pero isto aumenta o precio)
- RAM de 512 MB como mínimo (xa hai equipos con 2 GB)
- Webcam
- Portos USB
- Batería de non menos de 3h de duración
- Precio en torno a 200-300 € (na súa versión máis básica)


Á vista do éxito do Eee PC, outras firmas como HP ou a española Airis ultiman os detalles do lanzamento dos seus microportátiles dos que atoparedes información na seguinte ligazón.

Actualización: no blog tecnoloxía da ESO podedes atopar máis información acerca dos ultraportátiles e tamén varias ligazóns interesantes.






