Contrasinais seguros
Un contrasinal (password) é unha cadea de caracteres, non necesariamente letras, que permite o acceso dun usuario a un determinado servicio. Un blog, unha conta de correo ou o inicio de sesión no voso ordenador, requiren da introducción dun contrasinal.
Seguro que sabedes que hai contrasinais con diferente nivel de seguridade. Por exemplo, debemos evitar aqueles que estén relacionados con un, tal é o caso dos apelidos ou o DNI. Tamén hai determinadas secuencias moi apetecibles do tipo 1234 ou password, como nos relata Jorge Gómez no seu blog. Estas resultan fáciles de lembrar... para todo o mundo e por iso son pouco aconsellables.
Debedes saber que a introducción de símbolos especiais nos vosos contrasinais incrementan a súa seguridade e o número de caracteres que empreguedes é outro factor determinante.
A aplicación Password.es que nos chega vía What's New serve para xerar contrasinais co nivel de seguridade que demande cada usuario.
Procurade cambiar os vosos passwords con certa frecuencia e se non se vos ocurre ningún, probade esta aplicación!
No hay comentarios:
Publicar un comentario