29 septiembre 2008

Música sin pausa

logo de plistube
A través de what's new chéganos a aplicación PlisTube baseada en YouTube que permite encadear vídeos do artista ou grupo que escollamos coa posibilidade de gardar a lista resultante.

24 septiembre 2008

Máis descargas

Na sección CURSO 2008-09 tedes dúas novas presentacións para descargar:
  • A tecnoloxía é fantástica: traballaremos con ela nos próximos días
  • Electrónica: a primeira das unidades para os alumnos de 4º B

22 septiembre 2008

Material para descargar

Deixo na sección CURSO 2008-09 as presentacións que vimos hoxe ao longo do día:
  • 2ºA: Presentación do curso
  • 4ºB: Presentación do curso
  • 4ºD: Presentación do curso

21 septiembre 2008

Comezamos!!!

caderno feito con circuitos impresos

Mañán comezaremos as clases de Tecnoloxía do curso 2008-09 e quero facelo dándovos a benvida a tod@s pero en especial aos alumn@s de 2ºA, 2ºB, 4ºB e 4ºD de Informática, pois compartiremos moitas horas de aquí a Xuño :-)

01 septiembre 2008

Exame de Setembro

lapis de cores

Ben certo é que todo o bon remata. As vacacións de verán chegaron ao seu fin, o curso 2008-09 comezará dentro duns días e algúns de vós todavía tedes que facer exames de recuperación. Para os que teñades que examinarvos de Tecnoloxía, sabede que a proba será o martes 2 de Setembro ás 12:20 horas. Estaremos na sá de usos múltiples e nas aulas de 3ºA e 3ºB.

Traballamos co papel

recortable para facer unha animacion

Seguro que se vos falo de facer unha animación, non vos viría á cabeza esta imaxe pero é que cheguei por casualidade a esta páxina de recortables e non vos imaxinades cantísimas cousas se poden facer empregando só papel. Botádelle un ollo e me contades...