Mostrando entradas con la etiqueta Enlaces de interese. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Enlaces de interese. Mostrar todas las entradas

02 junio 2010

Abur Blogger, ola Blogaliza!!!

Despois de case 6 anos en Blogger, O Blog de Tecnoloxía trasládase para Blogaliza. A nova dirección é:
http://blogdetecnoloxia.blogaliza.org

Nos próximos días irei incorporando todo o contido (tede paciencia). Vémonos!!!

14 mayo 2010

Imaxes de uso libre

imaxes libresImaxes de uso libre para utilizar nos vosos traballos, presentacións,...

29 abril 2010

Que tal te manexas co html?

ckeditor

Agora con aplicacións como CKEditor xa non é necesario pelexarse co html. Emprega o seu completísimo editor de texto para crear por exemplo un post, fai clic sobre o botón Código Fonte e listo para copiar e pegar! Ten unha versión para descargar pero tamén pode usarse online. Utilísimo para facer composicións complicadas que requiren un tedioso traballo en html.

06 abril 2010

Para profes de Tecnoloxía

minimotoresAcabo de colgar na área de profes (na parte inferior do blog) a ligazón dunha tenda onde se poden mercar minimotores con excéntrica para contruír vibrobots. Eu xa os probei e van moi ben. Nos próximos días construirémolos no taller e colgarei vídeos.

19 marzo 2010

Xogamos? Typing chef

typing chef

Pasados xa os exames da 2ª avaliación, chegou o momento de relaxarse un pouco cun xogo. Sodes suficientemente rápidos co teclado? Con typing chef teredes a resposta...

(vía tecnotic.com)

19 enero 2010

Tecnoprofes



O domingo púxose en funcionamento a rede social Tecnoprofes destinada ao profesorado de tecnoloxía de ESO e bacharelato. Moitas grazas aos compañeiros que puxeron en marcha unha iniciativa tan interesante e tan necesaria. Se es profe de tecnoloxía, visita Tecnoprofes e únete!!!

03 diciembre 2009

Para pasar o tempo

Xa sei que este ano teño totalmente aparcada a sección da aplicación da semana, pero é que o tempo non dá para máis. Así que para compensar un pouco, vouvos facer tres recomendacións para que vos relaxedes entre exame e exame:
  • Unha aplicación para crear online fondos de escritorio: x3studios
  • Unha aplicación para recortar vídeos de YouTube: TubeChop
  • Unha páxina de xogos: physicsgames
Sorte cos últimos exames desta avaliación, e ánimo, que non queda nada para as vacacións!!!

24 junio 2009

Para ir abrindo boca

Como xa comentei, ao longo dos próximos días farei un post coas fotos da IV Exposición-Concurso que celebramos o luns 22 de Xuño no IES de Pastoriza. Mentres, déixovos cun vídeo que colgou o noso compañeiro de Santiago Jorge Gómez acerca da mostra de proxectos realizada o día 12 de Xuño no Toural. Así poderedes ver o ben que traballan tamén outr@s chic@s de toda Galiza

24 mayo 2009

Aplicación da semana: FeedJournal

Hoxe coñecín FeedJournal a través de What'sNew. Trátase dunha aplicación online que permite xerar un xornal en pdf a partir dos feeds das páxinas que escollades (seleccionando cada entrada individualmente). Os que tedes un blog podedes empregalo para enviar periodicamente un boletín aos vosos subscritores.

20 mayo 2009

O xogo máis difícil do mundo

¿Sabedes realizar unha busca en internet de forma efectiva? Animádevos a probar o xogo máis difícil do mundo, unha serie de enigmas encadeados para os que contades con google como única ferramenta. Cada nivel vén acompañado de dúas pistas: un texto e unha imaxe. Escribindo a resposta correcta na caixa e premendo no botón Acceder pasaredes ao seguinte nivel.
A resposta debe escribirse en minúsculas, sin tildes e con espacios no caso de ser máis de unha palabra. Sorte!!!

10 mayo 2009

Aplicación da semana: WallWisher


A través de what's new chéganos WallWisher, unha aplicación coa que poderedes crear un espacio onde os vosos amigos, e en xeral calquer persoa que coñeza a URL, poderán deixarvos notas, imaxes, clips de audio ou vídeos.

Queredes probar o meu?

19 abril 2009

Aplicación da semana: Caleidoscopio

caleidoscopio

Probade este curioso caleidoscopio que nos vén recomendado desde a páxina what's new.

29 marzo 2009

Aplicación da semana: Down for everyone or just me?

interrogante

Estamos cargando unha páxina e non vai. Tentámolo de novo, e de novo problemas. Serei eu ou estará caída para todo o mundo???
Teclea a URL en Down for everyone or just me? e terás a resposta.

25 marzo 2009

De aqueles blogues estas redes sociais

Que sabedes das redes sociais? Aprendede un montón con este imprescindible post. A súa autora, Tati Mancebo, ten unha ampla experiencia profesional no ámbito da xestión cultural.

En 2003 comezaron a popularizarse os blogues. Construír unha web de deseño simple cos contidos organizados cronoloxicamente abriu a porta pública a todas as persoas que tiñan algo que dicir. E mudaron a face de Internet, até aquel momento inzada de páxinas estáticas que servían unicamente como medio de contacto ou bases de datos. Servizos como Blogia, Blogger e Blogalia, nun principio, foron secundados por outros como Tumblr e Blogaliza, o primeiro servidor galego de blogues. Un blogue para cada individuo consciente de pertencer á comunidade dos produtores de contidos.

Os comentarios eran habituais e a lectura dos que te seguían de obrigado cumprimento, independentemente do interese propio por uns asuntos ou por outros. Co tempo o número de blogues multiplicouse, os comentarios fixéronse máis escasos, as visitas mesmo nos blogues máis populares, baixaron considerabelmente e en Galiza falouse por ver primeira da morte do blogomillo, entendendo por este a comunidade de blogues escritos en galego.

redes
Mais coa popularización dos blogues e o costume estendido de comunicación a través das SMS naceu o microblogueo, asentado en servizos como Twitter, inicialmente condenado ao fracaso pola opinión experta pois non se albiscaba ningunha das súas funcións actuais agás en caso de xeneralizarse o seu uso, premisa que non demorou moito en facerse realidade, e todos os seus clons, entre o que se encontra o servizo galego Lareta. O microblogueo permitía presenza e relevancia na rede sen o gran esforzo que esixía escribir un post case a diario, escrito pensando máis a estas alturas no interese dos lectores que no propio. Dicir onde estabas e que andabas a facer, alén de reflexións circunstanciais sobre temas de actualidade eran suficientes para seguir movendo pequenas masas. Ademais incluiuse no soporte a posibilidade de subscribirse por RSS ás anotacións ou actualizacións de estado das persoas que nos seguían ou que nos parecían interesantes, ferramenta de grande utilidade nun mar cada vez máis cheo de auga.

A relevancia das identidades dixitais xa non dependían dos visitantes anónimos que pasasen polas súas casas cada día senón dos seus grupos de amigos e da relevancia destes para atraer outros novos. E ao mesmo tempo, apareceron as chamadas redes sociais temáticas ou especializadas en determinados medios para compartir información: Youtube e Vimeo para partillar vídeos, Flick, Picasa ou Photobucket e outros para exhibir e compartir fotografías, Linkedin para promoción e contacto profesionais... Até hoxe en día, que coexisten redes orientadas case cara a calquera tema: mascotas, viaxes, deporte, gastronomía etc.

E cando semellaba que Myspace se especializaba cada vez máis como ferramenta indispensábel entre os profesionais da música, lonxe da rede de redes que pretendía ser, e outras redes xeneralistas de ámbito global perdían fol, apareceu Facebook e deu o golpe: 175.000.000 de usuarios no mundo que aumentan en 500.000 cada día. Fálase de 8.000.000 de usuarios no Estado Español e o Faro de Vigo aventurouse a calcular o outro día que os galegos chegan a 100.000.

A xente anúnciase, mantén os seus amigos informados do que fai, do que lle pasa pola cabeza, conspira, protesta, lerchea, experimenta, mostra fotos, vídeos, ligazóns interesantes, vaia, o mesmiño que antes pero en calquera momento desde un ordenador ou, cada vez máis, desde un móbil mediante aplicacións como Pixelpipe, que permiten actualizar o estado en todas as redes ao mesmo tempo, sen necesidade de ir pasando por cada unha delas. E todo isto sen falar xa doutras como Qik e Kyte, que permiten subir vídeos e imaxes desde o móbil directamente a Internet en tempo real, e de aí a Facebook e outras redes sociais, sen necesidade de almacenalos na memoria do aparello.

E ti, cantos amigos tes?

24 marzo 2009

Trebellos


Trebellos é unha web onde se publica o traballo de análise de obxectos dos alumnos de PDC do IES Primeiro de Marzo de Baiona. Se entrades, poderedes ver como son as "tripas" dunha calculadora, un mando da tele ou un secador do pelo, por poñer algún exemplo. Un traballo estupendo que nos vén recomendado dende tecnoloxia.org

22 marzo 2009

Aplicación da semana: html->pdf Converter

html-pdf

A recomendación desta semana é unha aplicación online que permite converter unha páxina web nun documento pdf. Con html->pdf converter (vía what's new) soamente teredes que pegar a URL e premer no botón Make PDF. Cando esté listo poderemos abrir ou gardar o documento resultante.

02 marzo 2009

4º Informática: Gimp

gimp

Nesta semana comezaremos (por fin!) o tema de tratamento de imaxe. Déixovos unha ligazón moi boa que usaremos en clase.

Aprender a programar con MSWLogo

Unha presentación moi boa para practicar a programación con MSWLogo.

06 febrero 2009

Dardos

María Loureiro, profesora de tecnoloxía e autora do imprescindible blog tecnoloxia.org concédeme un premio en forma de dardo. Ademais de facerlle chegar o meu agradecemento e de acordo coas regras ás que obedece este premio
dardosvoulles enviar un dardo aos seguintes blogs:
  • Tecnoloxía: blog de Ana Villar, a miña insubstituíble compañeira de Tecnoloxía
  • Radio Furoca: blog da emisora de radio que ameniza os nosos recreos
  • Lagarto Dixital: o ar mudou de rumbo varias veces nos últimos anos pero o arrecendo de magnolia nunca marchou de Pastoriza :-)
  • Astronomía na beirarrúa: blog que nos achega a astronomía converténdoa nunha festa veciñal

24 enero 2009

Aplicación da semana: Garfield's Comic Creator

Queredes facer banda deseñada de Garfield??? Con Garfield's Comic Creator é ben fácil! Enviádeme os vosos deseños se vos apetece!!!