27 abril 2008

A mocidade coa nosa lingua

Gracias aos sempre ben informados responsables de Radio Furoca souben que o grupo Relúa, formado por alunos do noso instituto resultou gañador na IX edición do certame "A mocidade coa nosa lingua". Noraboa!!!!!!!!!!!!!!!
Podedes botar un ollo tamén á reportaxe de laopinioncoruña.es

22 abril 2008

De cando non existía a asignatura de Tecnoloxía

portada do libro Como hacer juguetes que funcionan

A introdución da asignatura de Tecnoloxía no sistema educativo español é moi recente pero para os que sempre tivemos certas inquietudes, existían cando eu era pequena libros estupendos como os da serie Cómo hacer (todavía teño algún por casa :-)

Dende a páxina para que no se olviden púxose en marcha un proxecto para preservar moitos daqueles libros que con toda seguridade xa hai anos que están descatalogados. Podedes botarlles un ollo...

Consellos ecolóxicos

logo da web ecomicrosiervos

O uso racional da tecnoloxía é un asunto moi importante no que todos temos moito que aprender. En ecomicrosiervos atoparedes case diariamente consellos para optimizar os recursos e poñer o noso gran de area no aforro de enerxía.

17 abril 2008

Fondos de escritorio

foto do artico

A través de eCuaderno chéganos unha colección de máis de 200 fondos de escritorio para descargar.

Contrasinais seguros

cadeado sobre circuito impreso

Un contrasinal (password) é unha cadea de caracteres, non necesariamente letras, que permite o acceso dun usuario a un determinado servicio. Un blog, unha conta de correo ou o inicio de sesión no voso ordenador, requiren da introducción dun contrasinal.

Seguro que sabedes que hai contrasinais con diferente nivel de seguridade. Por exemplo, debemos evitar aqueles que estén relacionados con un, tal é o caso dos apelidos ou o DNI. Tamén hai determinadas secuencias moi apetecibles do tipo 1234 ou password, como nos relata Jorge Gómez no seu blog. Estas resultan fáciles de lembrar... para todo o mundo e por iso son pouco aconsellables.

Debedes saber que a introducción de símbolos especiais nos vosos contrasinais incrementan a súa seguridade e o número de caracteres que empreguedes é outro factor determinante.

A aplicación Password.es que nos chega vía What's New serve para xerar contrasinais co nivel de seguridade que demande cada usuario.

Procurade cambiar os vosos passwords con certa frecuencia e se non se vos ocurre ningún, probade esta aplicación!

13 abril 2008

Onde está???

vista do ies de pastoriza

A aplicación PlaceSpotting é un xogo baseado en Google map na que cada usuario propón unha imaxe dun lugar real en calquera parte do mundo para ser localizado a partir dunha serie de pistas.


Teredes que movervos no mapa arrastrando e aplicando zoom ate dar co lugar preciso. Probade a solucionar algunha das propostas ou a crear unha nova. Cal é a da imaxe???

07 abril 2008

Actividades: Pneumática

valvula 4/2Deixo na zona de descargas de 4º de ESO unha actividade en HotPotatoes de análise de circuítos pneumáticos.

01 abril 2008

Actividades: Tecnoloxías da Comunicación

rede de ordenadores en anel

Deixo na zona de descargas de 4º de ESO un par de actividades de Hot Potatoes para a unidade de Tecnoloxías da Comunicación.