27 octubre 2009

3º ESO: Actualización do tema de mecanismos

Na sección 1ª AVALIACIÓN está colgada a actualización do tema de mecanismos xa rematado. Tamén aproveitei para correxir un erro que había na diapo 33 e que vos comentarei na clase o próximo día, polo que é moi importante que o descarguedes de novo. Desculpade as molestias!

15 octubre 2009

3º ESO: Aviso

Tedes que correxir a diapositiva 36 da presentación de mecanismos porque ten un erro nas relacións de transmisión. Facede clic sobre esta imaxe para ver a versión correcta ou descargade de novo o pdf da sección 1ª AVALIACIÓN (xa está actualizada):

diapositiva

06 octubre 2009

2º ESO: Presentación

A diferencia dos cursos pasados, este ano non teremos os desdobres que viñamos facendo en 2º de ESO, pero si unha hora semanal de apoio no taller. Na hora semanal de taller, cada 2º se dividirá en dous grupos e cada grupo terá clase coa mesma profesora durante todo o curso.
Esta semana teremos a primeira clase de taller e vos deixo na sección 1ª AVALIACIÓN a presentación que comentaremos nesta primeira sesión.