O Congo na mochila
Reabro a sección de colaboracións do blog con esta interesantísima entrada escrita por Nacho Menéndez, profesor do departamento de Ciencias Sociais do IES de Pastoriza.
Xoguemos ao Trivial.
- Pregunta: Onde está a República Democrática do Congo?
- Resposta: en África central.
- Pregunta: Enumera polo menos tres instrumentos electrónicos co cualificativo de "tic".
- Resposta: Teléfono Móbil, GPS e ordenador con sistema wifi.
- Pregunta: Que ten que ver a República Democrática do Congo cos "aparatos" anteriormente mencionados?
- Resposta: O coltán.
- Que é o coltán?
- Resposta: É unha contracción de dous minerais, a columbita e a tantalita. O coltán é fundamental para o desenvolvemento da telefonía móbil, a fabricación de ordenadores, a PlayStation, os mísiles chamados intelixentes, incluso para os implantes de órganos.
Os milagres do coltán débense ás súas particularidades. É capaz de soportar temperaturas moi elevadas. Almacena carga eléctrica temporal e libéraa cando é necesario. É altamente resistente á corrosión.
- Pregunta: Onde se atopan os maiores xacementos do mundo de coltán?
- Resposta: O 80% das reservas están na rexión de Kivu e Itari, ao leste da República Democrática do Congo (ver mapa).
Esta é unha das zonas máis violentas do mundo. A loita de cinco grupos armados apoiados por países veciños como Ruanda, Uganda e Burundi polo control do coltán, provocaron o desprazamento dunhas 250.000 persoas o pasado mes de outubro. En total hai polo menos -segundo Amnistía Internacional- 1,2 millóns de persoas desprazadas en Kivu Norte. É incalculable o número de mulleres e nenas que teñen sufrido violencia sexual.
Algunhas cifras máis que nos axuden a situar a catástrofe humanitaria que vive O Congo:

- Cinco millóns de persoas mortas dende 1998.
- 30.000 nenos e nenas recrutados polas diferentes forzas armadas ao longo destes dez anos. Estímase que aínda hai entre 3.000 e 7.000 menores soldados e esta cifra podería estar aumentando (datos de Amnistía Internacional).
No hay comentarios:
Publicar un comentario