Fotos dos proxectos de 4ºA
Este curso, os alumnos de 4º A están desenvolvendo os seguintes proxectos:
- Ponte levadiza accionada por motor
- Faro no que o sistema de iluminación está constituído por un conxunto de LEDs
- Xogo de mesa que funciona con dado electrónico
En todos os casos os dispositivos están controlados por ordenador a través de programas elaborados polos propios alumnos, que tamén realizaron o deseño e construcción de todos os elementos da maqueta e as conexións dos diferentes dispositivos.
Os proxectos aínda non están rematados pero paga a pena ver un adianto. Noraboa polo traballo!!!
Ponte levadiza accionada por motor
Faro con LEDs
Xogo de mesa con dado electrónico
No hay comentarios:
Publicar un comentario