Na sección 1ª AVALIACIÓN atoparedes a primeira entrega do tema de MECANISMOS en formato pdf. Avisarei de todas as actualizacións que fagamos do documento.
Aproveito tamén para recomendarvos unha serie de ligazóns que utilizaremos durante todo o tema:
Todos temos unha guía telefónica atrasada por casa, verdade? Pois agora podemos convertela nun organizador de lápices! Vede todos os detalles en ikkaro.
Algunha vez fixemos probas de conductividade coa mina dun lapis (incluso conseguimos poñela incandescente) pero en ikkaro nos propoñen unha alternativa interesante.
Non é a primeira vez que colgo no blog unha foto da Lúa pero si é a primeira vez que a foto é miña :-) Saqueina colocando o móbil directamente no ocular dun telescopio.
A través de ALT1040 souben da existencia desta bicicleta plegable que todavía non está comercializada. Sen dúbida un artiluxio ben interesante para os que gostan de usar a bici nas cidades, viaxan ou teñen pouco espazo na casa.
O pasado día 22 de Xuño tivo lugar a IV Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía que este curso contou con 18 proxectos seleccionados. Velaí as fotos dos proxectos participantes...
...e o resultado da votación na que participaron todos os alumnos do instituto:
Na categoría de 2º de ESO os gañadores foron Daniel, Samuel e Javier de 2ºA co seu detector de metais (proxecto número 6).
Na categoría de 3º de ESO os gañadores foron Carlos, Bruno e Tania de 3ºC co seu pegatortas (proxecto número 2).
Na categoría de 4º de ESO os gañadores foron Javier, Diego, Lorena, Celeste, Aitor e Jose de 4ºB co seu garaxe de apertura controlada por ordenador (proxecto número 4).
Moitas gracias a todos os colaboradores que fixeron posible a realización da exposición (mención especial para os alumnos de 2ºC), parabéns a todos os participantes e... BOAS VACACIÓNS!!!