25 julio 2007

Xogos de verán: Paint Ball

captura do xogo paint ball

Serás capaz de levar a bola ate o cadrado vermello??? Debuxa co rato as liñas que necesites para facer rebotar a bola axeitadamente. Pulsa Go a continuación para comprobar se funciona e se queres borrar as liñas pintadas, pulsa Clear.
Proba o Paint Ball!!!

16 julio 2007

E por fin...

fogos artificiais

O blog vai tomando forma e as zonas de descarga e os enlaces están de novo operativos. Como primeiras novidades incorporei unha serie de pestanas na cabeceira que nos permitirán acceder de forma rápida a sitios de interese.
Por se alguén ten curiosidade, esta é a plantilla orixinal que tomei como base para o meu blog :-)

10 julio 2007

En obras

obreiro da construcion con planos e lapis Estou facendo reformas no blog así que é posible que durante o verán as zonas de descarga e os enlaces non estén activos de forma permanente. Desculpade as molestias.

01 julio 2007

Exame de Setembro

monigote vestido con toga escribindo O exame de Tecnoloxía de Setembro será o día 4 ás 12:20 horas. Lembrade que non é obrigatorio entregar os traballos de recuperación pero si moi aconsellable, pois farán media coa nota do exame.

22 junio 2007

Boas vacacións!!!

castelo de area Que teñades unhas boas vacacións!!!

Vémonos en Setembro...

19 junio 2007

Fotos da II Exposición-Concurso. E o gañador é...




Hoxe celebramos a II Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza.

Antes de nada, e en nome de todos os profesores do departamento, gustaríame darvos as gracias a todos os alumnos pola vosa participación: gracias polo voso traballo, paciencia explicando os proxectos ao longo de 4 horas, esforzo para montar, atender e recoller a exposición (mención especial para Gonzalo, Borja, Adrián, Felipe, Rubén, Gabriela, Alejandro, Cristina, Iago, Raúl, Jorge,...) e interese por coñecer o traballo dos compañeiros.

E agora os gañadores da vosa votación:

  • Gañador de 1º Ciclo: Cartel luminoso 1 (Andrea, Tania, Paula, Leticia de 2º D)
  • Gañador de 2º Ciclo: Ponte controlada por ordenador (David, Rubén, Gabriela, Leticia, Borja, Raúl, Adrián de 4º A)
Noraboa a todos!!!

16 junio 2007

II Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía

Por segundo ano, estamos organizando a exposición-concurso de proxectos de Tecnoloxía que nesta ocasión contará con 23 participantes. Ao longo da mañán do martes teredes oportunidade de visitala e votar os vosos proxectos favoritos. Mentres, podedes entretervos con este puzle :-)

Queres sacar un 10 en Tecnoloxía???


Create your own Unclickable Button

13 junio 2007

Dúas recomendacións

Na zona de recomendacións no instituto tedes dous novos enlaces interesantes: o blog de Radio Furoca, un blog creado para publicar información relacionada coa nosa radio, e Caixón de Xastre, un blog creado por Jose Luis Iglesias para explorar cos alumnos de 2º da ESO o mundo das matemáticas.

02 junio 2007

4º ESO: Apuntes e boletíns

rede de ordenadores en bus Xa tedes na zona de descargas de 4º a presentación da unidade 8: Tecnoloxías da Comunicación e tamén os dous boletíns correspondentes a esta unidade.
Lembrade que o exame será o mércores 6 de Xuño.