26 abril 2010

Que é unha wiki???

22 abril 2010

Somos terrestres

Feliz día da Terra!!!

15 abril 2010

Vibrobots de 3ºBC

E un par de vídeos dos vibrobots de 3ºBC...





12 abril 2010

3º ESO: Wikimateriais

Os alumnos de 3ºA comezarán coa wiki o mércores e os de 3ºBC o xoves. É necesario que antes me enviedes un mail dende a vosa conta de gmail para que vos poda convidar á wiki, e que vos rexistredes a continuación. Lembrade que vos xogades un negativo...

07 abril 2010

Vibrobots de 3ºA

Os alumnos de 3ºA xa fixeron os seus vibrobots. Aquí temos tres vídeos do funcionamento dos bichos. Mañán é o turno dos de 3ºBC.


3ºA grupo verde



3ºA grupo azul



3ºA grupo amarelo

06 abril 2010

Para profes de Tecnoloxía

minimotoresAcabo de colgar na área de profes (na parte inferior do blog) a ligazón dunha tenda onde se poden mercar minimotores con excéntrica para contruír vibrobots. Eu xa os probei e van moi ben. Nos próximos días construirémolos no taller e colgarei vídeos.

3º ESO: Wikimateriais

Xa está en marcha a wiki de materiais coa que imos traballar ao longo deste mes. Se me enviaches un mail coa túa dirección de gmail, xa tes unha invitación na bandexa de entrada para ser membro da wiki. Sigue as instrucións para rexistrarte e envíame un mail ou pregúntame no instituto se tes algunha dúbida.

05 abril 2010

3º ESO: Vibrobot


Nesta semana construiremos vibrobots no taller. Podedes ir botándolle un ollo a este vídeo que xa vimos en clase antes das vacacións. O cuestionario deste miniproxecto pode descargarse na sección 3ª AVALIACIÓN.

28 marzo 2010

3º ESO: contas de correo

wikimateriais

Ante todo, boas vacacións! Á volta comezaremos a traballar na wiki de materiais e lembrade que nestes días tedes que crear unha conta de correo de gmail onde figure o voso nome e apelido e enviarme un mail dende ela.

Simple... xenial!!!

organizador de cables
(Vía microsiervos)