19 mayo 2009

Día da muiñeira en Pastoriza


Os departamentos de Educación Física e Normalización Lingüística organizaron este colorido día da muiñeira, actividade na que participaron máis de 100 alumnos do noso centro. A foto está tomada desde a aula de plástica situada no 2º andar do instituto (gracias Mª José!). Noraboa a todos os participantes e ás organizadoras!!!

17 mayo 2009

Aplicación da semana: Magic Pen


Con Magic Pen teredes que debuxar obxectos que permitan levar a bola vermella ate a bandeira. Moi entretido! Gracias á sección de xogos de microsiervos.

4º ESO: Pneumática

Deixo na zona de descargas a unidade de pneumática que utilizaremos en clase como complemento do libro de texto. Podedes descargala na sección 3ª AVALIACIÓN. Incorpora varias animacións de libros vivos.net e tamén un fantástico traballo de Pilar Latorre.

2ºB: Aviso de Exame

O martes día 19 teremos o exame de periféricos no grupo de 2ºB. Repasade os exercicios que fixemos na clase e empregade o tema do libro e a presentación para preparar a parte de teoría. Se tedes dúbidas, búscademe nos recreos na sá de profesores.

13 mayo 2009

Día das letras galegas en Pastoriza


Achégase o día das letras galegas e @s alumn@s de 3º e 4º quixeron render homenaxe a Ramón Piñeiro con este impresionante mural que decora a parede da entrada do noso instituto. Detrás deste fantástico traballo están Mª José Núñez, xefa do departamento de Plástica e Montse Collazo, xefa do departamento de normalización lingüística.

Ao longo destes días @s alumn@s participarán pegando as súas contribucións no mural. Noraboa a tod@s!!!

10 mayo 2009

Aplicación da semana: WallWisher


A través de what's new chéganos WallWisher, unha aplicación coa que poderedes crear un espacio onde os vosos amigos, e en xeral calquer persoa que coñeza a URL, poderán deixarvos notas, imaxes, clips de audio ou vídeos.

Queredes probar o meu?

07 mayo 2009

Unha imaxe


Vía no puedo creer.

04 mayo 2009

Visita a Citroën e ao CAT (segunda parte)

Chegamos ao Concello onde nos agardaba Andrea, a responsable do Centro de Artesanía Tradicional (CAT) que sería a nosa guía durante a visita. A idea inicial cando decidimos acudir ao CAT era coñecer a colección de ferramentas de oficios tradicionais que se expoñen alí de forma permanente. Para a nosa sorpresa, estaba tendo lugar un dos cursos de cestería que se imparten no centro e así tivemos a ocasión de coñecer a Antonio, o único cesteiro de formación tradicional que queda en activo en Galicia. El e os seus alumnos estaban a traballar en pezas que xa comezaban a tomar forma. Un luxo coñecer de primeira man as técnicas da cestería tradicional!



Na seguinte imaxe podemos ver unha representación das diferentes pezas de alfarería que se expoñen actualmente no CAT. Andrea explicounos as diferencias entre os cacharros elaborados en zonas como Buño, Gundivós ou Niñodaguia amosándonos pezas características de cada unha delas.



Coñecimos tamén as ferramentas empregadas polos ferreiros e os carpinteiros e chamou a nosa atención o feito de que non hai tanto tempo, as vaixelas eran de madeira pois a louza era obxecto de luxo. Podedes ver tamén na imaxe o tamaño dunha fechadura coa súa correspondente chave. Enorme, verdade?



Finalmente Andrea falounos dos alabardeiros e as tecelás. Contemplade o resultado dun traballo realizado por mans expertas.



Sabiades que eran poucas as persoas que podían colocar o urdido no tear? Parece ser que unha vez rematada unha peza, as tecelás cortaban os fíos sobre os que se montaba no tear a fin de gardar a urda para utilizar nas seguintes pezas.



O tempo voou escoitando a Andrea falar de artesanía tradicional e tivemos que marchar a comer. Mario, o noso chófer, levounos de volta ao instituto onde Ana, sempre tan riquiña, deixou que fixeramos tempo na cafetería ate que tocou o timbre anunciando o fin dunha boa xornada. Agardo que teñades desfrutado da visita tanto coma eu!!!

03 mayo 2009

Aplicación da semana: Moebius Syndrome


Mañán non temos clase en Pastoriza, así que podedes aproveitar para probar a aplicación desta semana. Microsiervos presenta sempre interesantes propostas e esta nos vén da súa sección de xogos. En Moebius Syndrome teredes que xirar as diferentes pezas para crear bucles pechados que desaparecerán. Coidado, o número de pezas aumenta, e aumenta, e aumenta...

01 mayo 2009

Electricidade a partir de radiación solar

sol

Acaba de entrar en funcionamento unha nova planta para xeración de electricidade a partir da radiación solar. Toda a información facendo clic nesta ligazón que nos envía o noso colaborador Suso Pensado.