08 diciembre 2007

"Electrónica" creativa

boneco feito con compoñentes electronicas

Xa vedes que hai quen toma ao pé da letra o de fabricar robots empregando a Electrónica :-)
Propóñovos un xogo: seriades capaces de recoñecer os compoñentes que integran esta pequena creación?

07 diciembre 2007

Eee PC de Asus

ultraportatil de Asus

Parece que o tan esperado portátil de Asus sae por fin ao mercado aínda que todavía se comercializa en poucos países (o noso non é un deles :-) e o seu precio é lixeiramente superior ao que inicialmente estaba previsto.
Estamos a falar dun ordenador de menos de 300 €, que funciona baixo Linux pero compatible con Windows XP, de peso inferior a 1 kg, con wifi, pantalla de 7'',... (facede clic aquí se queredes ver todas as especificacións)
É de esperar que a primeiros de ano saia un novo modelo con precio inferior aos 200 €. Estaremos atentos...

04 diciembre 2007

TypoGenerator

logo de typogenerator
TypoGenerator é unha aplicación que permite xerar composicións moi vistosas a partir do texto introducido polo usuario. O fondo presenta imaxes relacionadas co texto que o programa atopa con google e as cores e o tipo de letra selecciónanse ao azar.
Podedes manter uns elementos e variar outros, por exemplo, xerar unha nova composición variando soamente as cores.

Aquí tedes algúns exemplos:
texto a tecnoloxia na eso vermello texto a tecnoloxia con letras borrosas

texto tecno azul texto tecnoloxia con letras redondeadas

28 noviembre 2007

Box2DFlashAS3

captura de box2dflashas3 Pincha e arrastra os diferentes obxectos para ver como interaccionan entre si. Podes ver os demais exemplos premendo nos cursores esquerdo/dereito e restaurar o exemplo no que te atopes coa tecla R. Moi interesante...

14 noviembre 2007

Semana da Ciencia

logo da semana da ciencia

Nesta páxina atoparedes información de todas as actividades que se están a desenvolver en Galicia no marco da Semana da Ciencia 2007. Exposicións, películas, obradoiros, cursos,... hai moito onde escoller!!!

07 noviembre 2007

O clube tics iespas de novo en marcha

felpudo coa palabra welcome


O helpdesk do IES de Pastoriza ponse de novo en marcha e estrea blog

Non deixedes de visitalo!!! Seguro que nel atoparedes un montón de cousas interesantes.

13 octubre 2007

Procesos de fabricación

cabeceira do programa Asi se hace

Se vos gustou o vídeo do post anterior, aquí tedes unha boa colección de vídeos sobre procesos de fabricación de obxectos de uso cotián. Todos eles pertencen ao programa Así se hace de Discovery Channel.


12 octubre 2007

Como se fabrican os cables eléctricos?


Vídeo do proceso de fabricación dos cables eléctricos da serie Así se hace emitida por Discovery Channel.

21 septiembre 2007

A enerxía e a súa transformación

mans suxeitando unha bombilla
Incorporo á zona de descargas de 2º e 3º de ESO unha presentación sobre a enerxía e a súa transformación. As imaxes das centrais foron tomadas do libro de 3º de ESO da serie Motor de Santillana.

19 septiembre 2007

Baixa de maternidade

chupete

Nos próximos meses estarei de baixa de maternidade e imaxino que publicarei con menos frecuencia, pero tentarei colgar cousas de vez en cando para todos os que disfrutamos coa Tecnoloxía.

Bo comezo de curso!!!