30 noviembre 2008

Aplicación da semana: YouConvertit

youconvertit logo

Son moitas as ocasións nas que temos un arquivo nun determinado formato e necesitamos cambialo. A través de what's new chéganos esta aplicación online tan completa. Con YouConvertit poderemos:
  • Cambiar o formato dun arquivo e recibir na dirección de correo que indiquemos unha ligazón para descargar o mesmo arquivo co novo formato
  • Realizar a conversión online para vídeos dos que coñezamos a URL ou descargalos directamente
  • Enviar arquivos de ate 1 GB por correo electrónico ao destinatario que escollamos. Esta opción é moi útil cando se trata de arquivos pesados que poderían saturar o buzón de quen os recibe. YouConvertit almacena o noso envío nunha ligazón que é o que recibe o destinatario
  • Realizar cambios de unidades
Ollo, non esquezades pasar o antivirus logo de facer a descarga!!!

28 noviembre 2008

E para comezar a fin de semana cun sorriso...


Where the Hell is Matt? (2008) from Matthew Harding on Vimeo.

Visto en tecnotic

2º ESO: Cuestionario do proxecto

Hai xa unhas cinco semanas que comezamos co proxecto en 2º de ESO. Estamos a construír un detector de metais moi similar ao proposto no noso libro de Tecnoloxía (Santillana). Nas próximas semanas colgarei fotos do proceso de construción e mentres vos deixo o cuestionario co que estamos traballando na sección CURSO 2008-09.

Ah, boa fin de semana!!!

26 noviembre 2008

Solución a Hapland

solucion a hapland

Cristian L., Adrián R., Cristina e Carolina de 4º D conseguiron resolver o xogo proposto na aplicación da semana e me enviaron a proba en forma de captura de pantalla :-)
Ben feito!!!

25 noviembre 2008

Informática: Que entra no exame?

writer

O martes día 9 de Decembro teremos o exame de OpenOffice Writer na asignatura de informática de 4º de ESO. Atendendo as peticións de algúns de vós, fixen unha relación de toda a materia que vimos a través do curso de guadalinex e que por tanto entra no exame. Tedes o documento na sección CURSO 2008-09 pero de todas formas falaremos disto en clase.

4º ESO: Electrónica dixital

binarioComezamos o tema de electrónica dixital e deixo na sección CURSO 2008-09 o pdf da presentación que empregaremos na clase. Nos próximos días colgarei boletíns de exercicios e problemas.

23 noviembre 2008

Aplicación da semana: Hapland

haplandEsta semana propóñovos un xogo de estratexia dos difíciles. Hapland é un clásico que ten segunda, e ate onde eu sei, terceira parte. Pero comecemos polo principio: movede o rato polo escenario na percura de obxectos activos e ideade unha estratexia para acender todos os fachos que se atopan nas entradas da edificación.

Se conseguides o obxectivo, facede unha captura e enviádema!!! Ah, unha vez máis este xogo nos chega a través de tecnotic.

20 noviembre 2008

4º ESO: Exame de electrónica

Lémbrovos que o luns día 24 de Novembro teremos o exame de electrónica ás 10:45 horas. Faremos o exame na vosa aula de 4º B, non no taller e é moi recomendable que traiades calculadora. Estudiade moito e repasade todos os exercicios de transistores!!!

2º ESO: O taller abre nos recreos

Como resposta ás peticións de algúns de vós, imos abrir o taller 1 de Tecno durante varios recreos para que poidades traballar nos proxectos. Por suposto, a asistencia é voluntaria.
Comezaremos a semana que vén co seguinte horario:
  • Luns: primeiro recreo
  • Mércores: primeiro recreo
  • Xoves: primeiro recreo
A ver que tal vai e xa vos direi a finais da semana que vén se cambiamos, mantemos ou ampliamos horario :-)

19 noviembre 2008

2º ESO: Pistola termoencoladora

termoencoladoraOs proxectos de 2º de ESO comezan a coller forma (a ver se nos próximos días colgamos fotos do proceso de construción) e chegou o momento de comezar coa montaxe da estrutura. Como xa sabedes, para utilizar a pistola termoencoladora necesitaredes pasar un exame. A parte teórica consistirá nun test que xa está á vosa disposición na sección CURSO 2008-09 xunto cun pdf no que atoparedes a información para preparalo.

A partir de mañán tamén estará dispoñible na aulateca.

18 noviembre 2008

Convertir pdf en doc

convert pdf to word

A pesar de que no departamento de Tecnoloxía xa hai anos que traballamos exclusivamente con OpenOffice, non teño máis remedio que recomendar esta utilísima aplicación que permite a conversión de arquivos .pdf en arquivos .doc e que nos chega a través de genbeta. O paso a .odt é inmediato e agardo que o fagades!!!

Para empregar Convert PDF to Word seleccionade un arquivo .pdf e facede clic no botón Convert and Download.

Sede precavidos e pasade o antivirus a calquer arquivo que descarguedes, a ver se podemos desfacernos por fin dos troianos que nos invaden (consultade o blog de Ana Villar para máis información).

Por certo, o arquivo resultante pesa algo así como 10 veces máis que o orixinal pdf :-)

17 noviembre 2008

4º ESO: Práctica de transistores

transistor bd137

Déixovos na sección CURSO 2008-09 o guión da práctica que comezamos hoxe no taller por se queredes botarlle un ollo. Mañán continuamos!

16 noviembre 2008

Aplicación da semana: piZap

parafuso que falaA través de what's new chéganos piZap, unha aplicación online que nos permitirá engadir todo tipo de efectos a unha imaxe para a continuación descargala ou enviala como postal.
Non é necesario rexistrarse e dispón dunha limitada pero interesante galería de efectos tales como bocadillos con texto, pegatinas, caras e incluso un pincel para pintar a man o que desexemos engadir. Facede as vosas composicións e animádevos a enviarme algunha!!!

14 noviembre 2008

Non era nada fácil pero...

Non era nada fácil pero Diego de 4º B e Manuel de 2º B conseguiron resolver o xogo proposto esta semana. Fixéronme chegar as capturas de pantalla que vos mostro a continuación. Gracias polo envío e moi ben feito!!!

resolucion de confusebox
resolucion de confusebox

2º ESO: Electricidade

Actualizada a presentación de electricidade con dúas diapositivas máis e colgada na aulateca e na sección CURSO 2008-09.
Boa fin de semana!!!

11 noviembre 2008

2º ESO: Electricidade

electricidade

Na sección CURSO 2008-09 está dispoñible a primeira parte da presentación Electricidade coa que estamos traballando en clase. Avisarei cando haxa actualizacións. Estade atentos!

09 noviembre 2008

Aplicación da semana: Confusebox

Esta semana preséntovos un xogo no que teredes que realizar as conexións necesarias para que todas as bombillas estén acesas. Non é tarefa fácil!
Unha vez máis dar as gracias a tecnotic por estas ligazóns tan boas.


03 noviembre 2008

4º ESO: Informática

sistemas operativos

A presentación en formato pdf da unidade de sistemas operativos xa está actualizada e colgada na sección CURSO 2008-09.

2º ESO: Actividades de electricidade

electricidade

Na sección CURSO 2008-09 está colgada a primeira entrega de actividades da unidade 2: Electricidade. Non é necesario que as fagades na casa pois traballaremos con elas durante a clase de teoría.

02 noviembre 2008

Aplicación da semana: Print What You Like

print what you like

Cantas veces atopamos unha páxina que desexamos imprimir pero que contén moitos elementos que non son do noso interese? Con PrintWhatYouLike poderemos editar a páxina e facer as modificacións que consideremos oportunas: eliminar elementos ou grupos de elementos, modificar o tipo e o tamaño de letra, eliminar todas as imaxes cun clic,... Soamente teremos que introducir a URL da páxina e poñernos mans á obra coa edición.

Esta aplicación tan útil vén recomendada desde eco.microsiervos e nos ofrece unha boísima oportunidade de utilizar recursos como a tinta e o papel de maneira responsable :-)