02 junio 2010

Abur Blogger, ola Blogaliza!!!

Despois de case 6 anos en Blogger, O Blog de Tecnoloxía trasládase para Blogaliza. A nova dirección é:
http://blogdetecnoloxia.blogaliza.org

Nos próximos días irei incorporando todo o contido (tede paciencia). Vémonos!!!

01 junio 2010

En galego tamén se fai ciencia

En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.

(visto en Blogaliza)

30 mayo 2010

Grupo laranxa de 2ºC


O grupo laranxa de 2ºC xa rematou o seu pinball e ademais funciona moi ben. Parabéns a tod@s!!!

21 mayo 2010

Clases de apoio para a proba de acceso a FP

O martes día 25 de Maio comezaremos resolvendo a proba correspondente ao ano 2009 e repasando os contidos relacionados. Nas próximas clases revisaremos todos os exercicios das probas de anos anteriores, cando todavía se avaliaba a tecnoloxía no mesmo exame que as matemáticas.

Xa recompilei para vós todos os exercicios que aparecen en todas as convocatorias desde o ano 2004. O martes pásovos as fotocopias, pero tamén podedes descargalas na sección 3ª AVALIACIÓN deste blog. Vémonos!

Exame de pendentes

importante

Exame de pendentes de Tecnoloxías:
  • Xoves día 3 de Xuño
  • De 10:40 a 11:30 (3ª hora)
  • Usos múltiples

20 mayo 2010

Test de tecnoloxías da comunicación

comunicacion

Na próxima semana realizaremos o test correspondente á unidade de tecnoloxías da comunicación. As datas son:
  • Luns día 24: 3ºBC
  • Martes día 25: 3ºA

Proba de acceso a FP: clases de apoio

Estás preparando a proba de acceso para FP de grao medio? A partir da semana que vén impartirei clases de apoio da parte de Tecnoloxía no taller 1. En principio o horario será o seguinte:
  • Día: martes
  • Hora: de 10:40 a 11:30 (3ª hora)

19 mayo 2010

Data límite para pendentes

Os alumnos coa asignatura Tecnoloxías de 2º pendente tedes que entregar mañá o material de recuperación que vos facilitei. Non recollo traballos fóra de prazo.

14 mayo 2010

En Pastoriza. En Galego

Imaxes de uso libre

imaxes libresImaxes de uso libre para utilizar nos vosos traballos, presentacións,...