27 noviembre 2009

3º ESO: Boletín de exercicios

importanteLembrade que a data límite para entregar resolto o boletín de exercicios do tema de mecanismos é o 4 de Decembro e que despois deste día non recollerei ningún boletín. Lembrade tamén que fará media coa nota do exame e que podedes preguntarme todas as dúbidas que teñades na súa resolución.

26 noviembre 2009

Primeiras fotos dos proxectos de 3º

Xa temos as primeiras fotos do proxecto que estamos a realizar en 3º curso. En particular, foi o grupo laranxa de 3ºBC quen conseguiu ter unha primeira aproximación do que será o pinball final. Polo momento non hai nada montado pero remataron a maioría das pezas que integran o pinball base (están a traballar no deseño dos elementos voluntarios) e quixeron colocalas sobre a base de contraplacado para ver que tal encaixaban. Con todos vós, o resultado:



Agardo poder poñer fotos do proceso de construción doutros grupos nas próximas semanas.

21 noviembre 2009

E ti que les?

Desde o 20 de Novembro ate o día 17 de Decembro a nosa biblioteca acolle o proxecto E ti que les? realizado e cedido pola Biblioteca do IES de Sabón. Parabéns ás responsables da organización no noso centro e por suposto aos compañeiros de Sabón por un traballo tan interesante.

20 noviembre 2009

Robot solar

A través de nopuedocreer atopei este robot solar que se move ate que se descarga para comezar de novo a andar en canto se recarga a través da súa placa solar. Interesante...


16 noviembre 2009

3º ESO: Boletín para entregar

alicatesO boletín de mecanismos que teredes que resolver e entregar xa está dispoñible na sección 1ª AVALIACIÓN. Podedes descargalo ou agardar a que volo reparta en clase. A data límite para entregarmo é o 4 de Decembro e despois dese día non o recollerei.

Se tedes dúbidas con algún exercicio, buscádeme no taller 1 ou na sá de profesores durante os recreos.

10 noviembre 2009

3º ESO: Proxecto do pinball

E por fin chegou o día de comezar co proxecto do pinball!!! Mañán en 3ºA e o xoves en 3ºBC teremos a primeira sesión de traballo. O cuestionario xa está dispoñible na sección 1ª AVALIACIÓN por se o queredes descargar, pero de todas formas vos darei copia en papel no taller. Ide pensando como queredes facer os grupos...

03 noviembre 2009

2º ESO: Comezamos o proxecto

Esta semana comezamos co proxecto da 1ª avaliación en 2º C e D. Déixovos o cuestionario e o deseño do proxecto na sección 1ª AVALIACIÓN para que podades descargar os dous documentos.

3ºA: Exame de Mecanismos

Mañán día 4 de Novembro teremos o exame de mecanismos na aula de 3ºA. Lembrade que é moi aconsellable que traiades calculadora. Estudiade moito!!!

01 noviembre 2009

2º ESO: Lámpadas de incandescencia

Este ano tamén fixemos a minipráctica de deseño e construción de lámpadas de incandescencia con filamentos de nicromo. Nesta ocasión apagamos todas as luces do taller para gravar os vídeos e o resultado foi impresionante, mesmo parece de Halloween :-)



(Tamén en youtube)