25 junio 2009

E por fin as fotos da exposición!!!

O pasado día 22 de Xuño tivo lugar a IV Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía que este curso contou con 18 proxectos seleccionados. Velaí as fotos dos proxectos participantes...


...e o resultado da votación na que participaron todos os alumnos do instituto:
  • Na categoría de 2º de ESO os gañadores foron Daniel, Samuel e Javier de 2ºA co seu detector de metais (proxecto número 6).
  • Na categoría de 3º de ESO os gañadores foron Carlos, Bruno e Tania de 3ºC co seu pegatortas (proxecto número 2).
  • Na categoría de 4º de ESO os gañadores foron Javier, Diego, Lorena, Celeste, Aitor e Jose de 4ºB co seu garaxe de apertura controlada por ordenador (proxecto número 4).
Moitas gracias a todos os colaboradores que fixeron posible a realización da exposición (mención especial para os alumnos de 2ºC), parabéns a todos os participantes e... BOAS VACACIÓNS!!!

24 junio 2009

Para ir abrindo boca

Como xa comentei, ao longo dos próximos días farei un post coas fotos da IV Exposición-Concurso que celebramos o luns 22 de Xuño no IES de Pastoriza. Mentres, déixovos cun vídeo que colgou o noso compañeiro de Santiago Jorge Gómez acerca da mostra de proxectos realizada o día 12 de Xuño no Toural. Así poderedes ver o ben que traballan tamén outr@s chic@s de toda Galiza

22 junio 2009

IV Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía

Un curso máis celebramos a exposición-concurso de proxectos de tecnoloxía. Como mañán entregaremos os premios nas diferentes categorías durante o festival de fin de curso que terá lugar no centro cívico, ides permitir que polo momento me reserve o nome dos gañadores :-)

Nos próximos días colgarei fotos de todos os proxectos expostos e tamén o resultado do concurso. Moitas gracias en nome das tres profesoras do departamento a todos os participantes, a todos os asistentes e a todos os colaboradores que fixeron posible desfrutar un ano máis dos vosos traballos.

Ate dentro duns días!!!

18 junio 2009

4º ESO: Vídeos dos proxectos

video

Os alumn@s de 4ºB remataron os seus proxectos xusto a tempo para a exposición que realizaremos o luns día 22 de Xuño. Neste primeiro vídeo podedes ver a apertura e peche da porta dun garaxe controlada a través do porto paralelo dun ordenador con programación en MSWLogo. Houbo algún que outro problema co complicado circuíto que tiveron que implementar e tamén co axuste do sistema de transmisión, pero nada que Aitor, Celeste, Lorena, Javier, Diego e Jose non puideran solucionar.


video

Agora tócalle o turno ao autobús cabledirixido que deseñaron e construíron Raquel, Álvaro, Héctor, Adrián e Sandra (peza imprescindible deste equipo de traballo :-) A través do porto paralelo do ordenador controlan o seu funcionamento de maneira que o autobús pode xirar a ambos lados activando o intermitente que corresponda, avanzar, activar a luz de freo e acender as luces de posición. A pesar de empregar un cable bastante longo, á vista do vídeo parece que non é suficiente. Agora teremos que aprender a conducilo! Non vos perdades o seu interior, coidado ate o último detalle.

Estou moi contenta co traballo que fixestes. Parabéns a tod@s!!!

09 junio 2009

4º ESO: Traballos de Informática

As datas para as exposicións dos traballos de informática son:

  • Historia de Internet: luns 15
  • Ferramentas na ventana de comandos: luns 15
  • Transmisión de datos nunha rede: luns 15
  • Tipos de redes: luns 15/martes 16
  • Elementos necesarios nunha rede: martes 16
  • Medios de difusión de datos: martes 16
  • Protección dunha rede inalámbrica: martes 16
  • Direccións IP e DNS: martes 16/xoves 18
  • A rede do instituto: xoves 18
  • O protocolo TCP/IP: xoves 18

Lembrade que tedes que enviarme as presentacións por correo electrónico.

Últimos exames

Achégovos as datas dos últimos exames de Tecnoloxía no mes de Xuño:
  • Luns 15 de Xuño: Exame de Pneumática de 4ºB
  • Mércores 17 de Xuño: Recuperacións de 2ºA
  • Xoves 18 de Xuño: Recuperacións de 2ºB

Comentaremos en clase que parte ten que recuperar cada un de vós.

04 junio 2009

2º ESO: O taller abre nos recreos

importante

O taller 1 de tecnoloxía estará aberto no primeiro recreo do luns 8 e do martes 9 de Xuño.

Son os únicos días que abrirei para rematar os proxectos de 2º curso. A asistencia é totalmente voluntaria.

Mostra de Proxectos en Compostela

mostra proxectos

O noso compañeiro Jorge, do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela fainos chegar a convocatoria de Tecnoloxía na Rúa do vindeiro día 12 de Xuño. Trátase dunha exposición de proxectos realizados por alumn@s de tecnoloxía de centros de toda Galicia.

Máis información e díptico no blog de Jorge. Parabéns aos organizadores pola iniciativa!!!

01 junio 2009

Informática: Redes Informáticas

Na sección 3ª AVALIACIÓN está dispoñible a presentación que empregamos para o tema de Redes Informáticas. Seguramente será de utilidade na elaboración dos traballos.